Martes. 07.04.2020
El tiempo

O temporal Nadja na Costa da Morte, todo un espectáculo

O temporal Nadja na Costa da Morte, todo un espectáculo
O mar como espectaculo en Muxia-Foto-Xose Iglesias

Desta volta. Apareceu Lorenzo e todo, e permitiu poder disfrutar dun temporal de mar. Desta volta, chamáronlle temporal "Nadja", e se convertiu en todo un espectáculo que deberiamos aprender a vender para desestacionalizar o turismo. I é que as estampas das ondas que rondaron os 10 metros (semellantes ás ondas de marca do pasado día de Reis) toda a fin de semana xuntaron a centos de persoas que disfrutaron a gran forza do Atlántico.
Realmente non sabemos os datos concretos da altura das ondas, pois a boia do Cabo Vilán, como nos contan os compañeiros de 4gotas, non vai... Pero por Bares se superaron os 11 metros...

Zonas como Malpica ou Muxía foron as que viviron o mar de fondo máis espectacular. Un Mar de fondo que provocou cambios na fisionomía de boa parte da Costa, deixando sen practicamente area praias como a do Rostro en Fisterra, a de Canido en Malpica, e enchéndoas de bolos.

Sen area quedou a Praia de Canido-Foto-Dani Malpica Camelle co temporal de mar-Foto-Roberto Rua Mar bravo en Fisterra-Foto-Santi Insua O mar en Muxia-Foto-Anxo Castro Menudo mar en Malpica-Foto-Malpicatentodo Menudo mar en Malpica-Foto-Fran Saleta Mar polo Vilan-Foto-David Trillo

Danos materiais

Casetas depescadores de Santa Marina arrasadas-Foto-Juan Carlos Canosa Casetas depescadores de Santa Marina arrasadas-Foto-Juan Carlos Canosa

Desafortunadamente si que houbo que lamentar algúns danos, pero só materiais. En Camariñas, por exemplo, varias casetas de pescadores da zona de Arou e Santa Mariña quedaron arrasadas. As paredes de ladrillo quedaron esfoladas pola forza do mar e as nasas acabaron invadindo os paseos. Moitas lanchas quedaron tamén destrozadas.
Ademais, varias casas da zona, de Arou e Camelle, foron anegadas pola mar. E a que tamén sufríu foi a gabarra Prima, que segue aí, esperando que alguén a rescate ou que o mar a convirta en crebas...

O Prima foi movido polo mar-Foto-Camarinana Asi quedou a zona do Museo Man de Camelle-Foto-Juan Carlos Canosa

Tamén en Muxía, o valado de madeira da praia da Cruz, xusto á entrada da vila, quedou totalmente esnaquizada.

Asi quedou o paseo da Cruz en Muxia-Foto-Felix Porto

Importantes destrozos tamén sufriu o paseo marítimo de Malpica e o de Barizo, que quedou cortado durante boa parte do día.

Destrozos eno paseo de Malpica-Foto-ConcelloMalpica Destrozos no Paseo de Malpica-Foto-Dani Malpica

En Corme, o pantalán quedou sen entrada...

Apantalan de Corme sen acceso-Foto-Oscar Rey

Novas relacionadas

Fonte

comentarios