As Palilleiras eternas, e os comerciantes, protagonistas do luns na Mostra

As grandes protagonistas deste luns de Mostra foron as catro palilleiras que participaron nas 30 edicións da Mostra do Encaixe. Carmen Carrera, Matilde Isabel García, María Rosa Liñeiro e Carmen Bugallo, recibiron un pequeno recoñecemento por parte do Concello.
”Son a peza máis importante da Mostra”, destacou a concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro, ao que as homenaxeadas responderon ensalzando a “importancia” que o evento, en xeral, e o encaixe, en particular, teñen nas súas vidas.
‘MerCamariñas’, o Amazon do concello
A Mostra do Encaixe acolleu a presentación da plataforma de venda online Mercamariñas, que correu a cargo da concelleira de Comercio, Lara Pasantes, e da de Encaixe, Encarna Liñeiro, así como do representante de WP Nordés, Diego Alonso. Unha plataforma nada durante a pandemia que serve para achegar o comercio electrónico ao tecido económico do municipio.
A concelleira sinalou que, ao fin de lograr este obxectivo, “quixemos por á súa disposición esta canle, que funciona como un novo punto de venta a través de internet”. Por agora son 30 os establecimentos adheridos pero ‘MerCamariñas’ está aberta á suma de novas compañías e firmas de xeito gratuito.
Equipamento do Mostra do Encaixe Balonmán Camariñas
O deporte, como o encaixe, forman parte do ADN camariñán. Tanto é así, que a programación do evento incluíu un desfile a cargo dos membros do equipo Mostra do Encaixe Balonmán de Camariñas. Decenas de rapaces e rapazas das diferentes categorías do club se subiron á pasarela lucindo os seus novos traxes para a tempada 2021/2022.
Encontro de Grandes e Noveis Deseñadores
Outras das citas singulares do luns foi encontro 'Falemos de Moda' no que Grandes e Noveis Deseñadores puideron intercambiar ideas, opinións e coñecementos. Unha gran oportunidade para os máis mozos e mozas, que están a dar os seus primeiros pasos no mundo da moda.
Desfiles de Noveis
Novos pases tamén se celebraron no marco do XXVII Concurso de Noveis Deseñadores da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. Nunha xornada que serviu para presentar ao xurado desta edición estivo formado por: Dolores Cortés (presidenta), Claudina Mata, Esteban Freiría, Charo Carillo, Edith del Valle e Inés Fernández.
Tralas deliberacións, hoxe, martes 12 de outubro, coñecerase o gañador ou gañadora deste concurso de Noveis Deseñadores despois do desfile das 12 horas.
Mostra 2021
- 11-10-2021: Arte, tradición e vangarda danse cita na Mostra.
- 10-10-2021: Arrincou “a edición máis esperada” da Mostra do Encaixe, "unha das pasarelas máis importantes de España”.
- Consulta o Programa da Mostra do Encaixce 2021.
Máis novas da Mostra
-
Máis de 60.000 persoas visibilizaron os produtos dos 12 comercios de encaixe de Camariñas
-
Mostra do Encaixe Virtual: A vea comercial que mantén viva una artesanía centenaria
-
O Museo do Encaixe, entre os museos máis relevantes de Europa no sector da artesanía
-
A primeira Mostra do Encaixe Virtual chegou a máis de 230.000 de todo o mundo
-
O relevo xeracional, protagonista nunha Mostra de Encaixe de tradición e vangarda