mércores. 30.04.2025
El tiempo

O PP camariñán insiste en denunciar o abandono do Aldea Madeira en Camariñas

ALDEA MADEIRA PP
Paula Mouzo e Evaristo Ben con outros membros do PP nunha visita á zona
O PP camariñán insiste en denunciar o abandono do Aldea Madeira en Camariñas

O grupo provincial do Partido Popular na Deputación da Coruña aproveitou o pleno do Parlamento celebrado o pasado venres para denunciar a situación “calamitosa” na que se atopa desde hai tempo o complexo de turismo rural de Aldea Madeira no Concello de Camariñas.

O voceiro popular, Evaristo Ben, aproveitou unha das súas intervencións para lembrar que, en outubro do ano 2020, o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, visitou Aldea Madeira e comprometeuse a que a Deputación da Coruña axudaría a sacar a licitación o proxecto para a rehabilitación do lugar.

“A pregunta que facemos é se se axudou realmente en algo, en que consistiu esa axuda e se se ten pensado levar a cabo algunha actuación nun lugar que pretendía ser emblemático e que, a día de hoxe, é un claro exemplo do que non se debe facer cos recursos públicos”, apuntou Ben

Nesta liña, Ben, que cualificou o proxecto de “interesante”, lamentou que a estas alturas, tras case tres lustros en pé e sen uso, o complexo, que pretendía ser un referente no turismo rural na provincia de A Coruña,  ofrece unha situación “apocalíptica” á que, segundo os populares, hai que poñerlle solución. 

ALDEA MADEIRA abandono

Máis novas

Comentarios