Venres. 29.03.2024
El tiempo

As presentacións literarias e o ArtEncaixe completan o programa da Mostra

Alfonso Sas Ana de las Heras e Ahinoa Conde
Alfonso Sas, Ana de las Heras e Ainhoa Conde
As presentacións literarias e o ArtEncaixe completan o programa da Mostra

Queda menos para a Semana Santa e para unha das citas máis singulares como é a XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas - Deputación da Coruña. E ademais das demostracións de palillo, da música, das pasarelas, o programa completase con máis cousas.

3 presentaciión

O evento encaixeiro máis importante do mundo contará con tres presentacións literarias vencelladas a Galicia e ao mar. Trátanse das publicacións das autoras Ainhoa Conde e Ana de las Heras, ademais da do escritor Alfonso de Sas.

A primeira destas presentacións será o xoves 6 de abril, ás 12:00 horas. Dentro da sala de desfiles, Ainhoa Conde, falará do seu libro ‘Devotos de destino. Alén do Vilán’. Trátase dunha obra de poesía que supón unha reflexión interna e de sentimentos por Galicia e o océano. Os fragmentos, baseados case na súa totalidade en vivencias da autora, reflicten 66 historias de amor, desalento, loita, sacrificio, alegría e morriña. Conde, nacida en Cee, compaxina a súa labor de poeta co traballo de inspectora de seguridade marítima.

Pola súa banda, o venres 7 de abril, ás 12:00 horas, será o turno para Ana de las Heras e o seu libro ‘Travesías del sentir’. A escritora ofrece neste volume un conxunto de relatos corto cheos de humor, maxia e transformación que narran o cotiá dun xeito sinxelo grazas a pór o foco nos pequenos detalles que fan grande a vida. Nacida en Madrid e afincada en Oleiros, De las Heras é enxeñeira industrial ademais de autora.

Por último, o sábado 8 de abril, Alfonso de Sas presentará ‘El Cementerio de Los Ingleses’. A partires das 12:00 horas o autor ourensán falará dun libro de ficción que está inspirado no naufraxio do HMS Serpent nas costas de Camariñas en 1890, motivo polo cal se construíu o mítico cemiterio do mesmo nome. Na obra explórase a relación que xorden como consecuencia da traxedia entre os residentes no lugar e os membros do Imperio Británico. De Sas, nado en Ourense, estudou Dereito e traballou en Comercio Internacional antes de decidirse, xa xubilado, a publicar a súa primeira obra.

Suso Calo, Estilo Aramar e Ondas do Mar no desfile de ‘ArtEncaixe’

Ondas de Encaixe de Josefina
As ondas de Josefina

O desfile de ‘ArtEncaixe’ conta con tres novas confirmacións: Suso Calo e Estilo Aramar, que repiten no evento, e Ondas do Mar, unha firma local que se estrea este ano.

A camariñá Josefina Campaña, conta que “hai 30 anos eu participei na Mostra como alumna de deseño da escola taller de Camariñas e, tres décadas despois, volvo a participar coa miña propia firma, ‘Ondas do Mar’. “É unha gran ilusión, son unha camariñana que veño da familia dos Campaña, na cal nos ensinaron a loitar polos nosos soños”, relata. “Levo dúas pezas, nas cales xunto dúas artes: encaixe e pinceles”, comenta. “Creo que son pezas únicas, todo sae das miñas mans iso é o que máis me fai sentir máis orgullosa”.

Suso Calo, especializado en artesanía en prata e talla, aposta polo desfile de ArtEncaixe como “un xeito de darse a coñecer e de darlle relevancia a un traballo que, combinado co encaixe, faise moito mais visible”. “O encaixe permite cousas que só en prata serian complicadas”, afirma.

Viviana Araújo, de Estilo Aramar, comenta que “este año llevo a la Mostra piezas de reciclaje como un kimono confeccionado con el papel de bolsas de té rojo usadas en el que el encaje va incorporado en la espalda formando el tronco de un cerezo y formando parte de un paisaje japonés, con un sol de pan de oro y flores de seda”. “En otras piezas he combinado técnicas de teñido en los tejidos, el arashi o el teñido en hielo”, añade.

MÁIS NOVAS DO ENCAIXE

Comentarios