Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Sala de exposicións do futuro Museo dos Naufraxios chamarase BetiDonosti

BetiDonosti
A Sala de exposicións do futuro Museo dos Naufraxios chamarase BetiDonosti

O BetiDonosti foi aquel pesqueiro camariñán afundido en Almería no ano 1991, con 7 tripulantes a bordo: Javier Campaña, os irmáns Juan José e Roberto Pensado, Manuel Carril, Baldomero Evangelista, Manuel Suárez e Domingo Tajes.

Para lembrar aquel feito, e homenaxear a todos os finados no mar, o Concello de Camariñas decidiu bautizar co nome de ‘Beti Donosti’ á sala de exposicións permanente coa que contará o futuro Museo dos Naufraxios que se construirá no actual edificio da Lonxa Vella.

Continúa así a política deste equipo de goberno de darlle o nome de veciños e veciñas senlleiras a espazos característicos do municipio, como ocorreu anteriormente co nomeamento da aula Raquel Moreira do Museo do Encaixe ou o pavillón municipal Víctor Vigo.

Comentarios