Sábado. 24.08.2019
El tiempo

Un ano de actividades no Faro Vilán cos Empresarios de Camariñas

Un ano de actividades no Faro Vilán cos Empresarios de Camariñas
O Faro Vilan nunha das exposicions realizadas pola Asociacon de Empresarios de Camarinas coa presidenta Olga Campos e a tecnica Sabela Rodriguez

Mañá mesmo o Faro Vilán acolle a presentación dun libro que mestura paisaxe e poesía. Unha dos centos de actividades que o novo espazo cultural de referencia en Camariñas acolle este 2014, para celebrar os 80 anos do Cabo Vilán como Sitio de Interese Cultural.

E detrás dun completísimo programa de actividades atopamos á Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas non Faro Vilán de Camariñas, que con fondos propios, fan neste 2014 do Faro Vilán un exemplo de recuperación destes históricos e simbólicos lugares como espazos de referencia.

Charlas, exposicións, mostras... todo cabe na sala multidisciplinar que xestiona a entidade. Por xaneiro xa tivemos uns completos actos con moita historia, arte e natureza, ademais da Exposición de pintura "Formas e contido" de David de Lorenzo. En febreiro tocou máis pintura cos "Paisaxes da Nosa Terra" de Carlos Triñanes e Teresa Davila. Ademais, tivo lugar a presentación "Ruta dos Naufraxios" a través da realidade aumentada e da web.
En marzo estamos coa
exposición de pintura colectiva "De Faro en Faro", que xunta catorce artistas que traballan con distintas técnicas, pintura escultura, fotografia, performance, video e que se xuntan para compartir a sua persoal ollada creativa a natureza. Nestes espazos onde ou horizonte, ou mar, as ondas, as pedras son protagonistas asi como unha construción arquitectónica como é ou faro serve de obxeto de reflexión.

Pero temos moito máis pendente, e aquí traemos as propostas de aquí a final de ano que ten prantexadas a entidade. Todos estes actos e exposicións son de entrada libre e gratuita. E aconsellamos visiten a páxina web: www.farovilan.com para consultar máis información e confirmar as datas dos actos xa que poden sufrir algunha modificación.

Programa do Faro Vilán que artellan os Empresarios de Camariñas para este 2014

Programa Faro Vilan Camarinas 2014

Abril

  • Exposición de pintura "Faros de Galicia" do artista Xosé Rodiño.
  • Mesa redonda: "Faro Vilán como guía dous Clubs Náuticos" (12/04/2014).

Máio

  • II Certamen de pintura ao aire libre "Faro Vilán" e exposición colectiva das obras seleccionadas realizadas in situ de diferentes panorámicas do Cabo Vilán. (11/05/2014)

Xuño

  • Exposición de pintura de Alicerce Pastoriza e Carmen Subiela.
  • "Encontro das artes": encontro de artistas (07/06/2014)
  • Panel de exposición: "Flora e Fauna" (21/06/2014).

Xullo e agosto

  • Exposición mixta de escultura e pintura do escultor-ceramista José Garrido e da artista plástica Susana Llorente.
  • "Día de Camariñas", declaración e celebración do Día de Camariñas con diferentes actos durante o 24 de xuño en Camariñas e o Faro Vilán.

Setembro

  • Exposición de fotografía colectiva en branco e negro por Galicia Bn: colección de 40 fotografías de 40 artistas diferentes.
  • Mesa redonda: "O Encaixe a través do Camiño" (27/10/14)

Outubro e novembro

Comentarios