Venres. 26.04.2024
El tiempo

Unha caramiña en forma de boneca é a mascota oficial da Mostra do Encaixe

Unha caramiña en forma de boneca é a mascota oficial da Mostra do Encaixe
mascota mostra encaixe camarinas Unha caramiña en forma de boneca é a mascota oficial da XXVI Mostra do Encaixe de Camariñas que dará comezo o vindeiro mércores.. A mascota foi elixida entre os debuxos realizados pola alumnas da Escola Municipal de Palillo e elaborada polo deseñador galego Esteban Freiría, que participa nesta edición do certame. Xunto coa caramiña, a gañadora escribiu o slogan "A caramiña ven palillar" polo que a figura aparece ataviada cunha almofada típica do encaixe. A caramiña é unh pranta que abunda na vila camariñá e que dá nome. Dá uns saborosos froitos.   Entradas gratis Por outra parte, o concello de Camariñas informa de que os veciños e veciñas do municipio poderán entrar no recinto da Mostra de forma gratuita. Para iso deberán acreditar a súa residencia no acceso ao recinto e así poderán entrar as veces que o desexen durante os cinco días que dura a mostra - do 23 ao 27 de marzo -. Os residentes só deberán de abonar a entrada para acudir aos desfiles. O prezo da entrada á Mostra do Encaixe, incluído o acceso ao desfile, é de 3€. En caso de non querer asistir ao desfile é de 2€. Novas relacionadas Fonte

Comentarios