Unha xincana para as Letras Galegas camariñás
O Concello de Camariñas conmemorará o Día das Letras Galegas cunha xincana, un conto musical, un obradoiro de esculturas de papel e a homenaxe a Delgado Gurriarán. Desde o 16 o 19 de maio celebraranse no municipio un compendio de actividades para pequenos e maiores.
Así, o día 16 ás 16:00 horas, a Biblioteca Municipal acollerá unha xincana para 25 nenas e nenos a partir de 8 anos, para a que hai que reservar praza a través do enderezo electrónico [email protected] ou no teléfono 665 13 44 90.
O propio día 17 de maio, terá lugar ás 12:00 horas a entrega de premios Certame Letras Galegas, e quen o desexe poderá tamén poñerlle cor á figura do escritor homenaxeado. Ás 12:30 horas actuará o grupo musical ‘Breogáns’.
A Biblioteca municipal acollerá o 18 de maio ás 11:00 horas a contada musical ‘A formiga na barriga’, con Charo Pita, para bebés de 0 a 3 anos. Por último, o 19 de maio ás 16:00 horas, novamente a Biblioteca municipal será o escenario de ‘Papelarte’, un obradoiro de esculturas de papel a cargo de Electra Menéndez Muñoz. Está pensado para nenas e nenas a partir de 4 anos, previa reserva de praza.
Máis actividades arredor das Letras Galegas
- Mazaricos: Poesía, teatro e natureza para as Letras Galegas de Mazaricos.
- Laracha: As asociacións, protagonistas nas Letras Galegas da Laracha
- Zas: Zas propón un completo maio de Letras.
- Malpica: Un mar de Letras e Tapas para Malpica.
- Fisterra: A monologuista fisterrá Mariña Lestón estréase sobre o escenario na casa co gallo das Letras Galegas.
- Embaixada.gal convoca unha nova actividade para o Día das Letras Galegas.