A ANPA do IES Alfredo Brañas pide dous mestres para non ter aos "alumnos apiñados nunha aula e con mamparas"

Hoxe é a ANPA O Chorís, do IES Alfredo Brañas de Carballo, a que envía un comunicado non pode iniciar o curso con normalidade por non poder cumprir coas normas hixiénico sanitarias plantexadas pola Consellería de Educación.
”A pesar de que se teñan que usar os laboratorios e a aula de música para aloxar ao alumnado de bacharelato”, explican, “a pesar de que se cambien os protocolos varias veces en poucas semanas, a pesar de que a dirección e o profesorado do centro teña que atender a cuesións mais relacionadas coa sanidade e a intendencia que con preparar educativamente aos nosos fillos e fillas, desde a ANPA entendemos que son cuestións ralacionadas cunha pandemia e que hai que tentar pasar o mellor posible, apoiando sobre todo o grande esforzo realizado polo equipo directivo durante meses para tentar iniciar con normalidade este curso”.
”O que xa non entendemos é que por parte da Consellería non se apoie o proxecto pedagóxico presentado polo centro, e que so pedía DOUS profesores mais para non ter que colocar mamparas nas aulas da ESO. A non atención destas dúas prazas por parte da Conselleria impide crear unha aula mais de 1º e outra de 2º, o que baixaría a ratio por aula a 20 alumnos, suficiente para que dada a superficie das aulas non se tivesen que gastar mais de 10.000 Euros do centro en mercar mamparas”, continúan.
Explican que “temos aulas libres, temos ratios ao límite e por non poñer dous profesores mais, temos que gastar uns fondos do centro que non se poderán gastar en outras cuestións pedagóxicas ao longo do curso e teremos alumnos apiñados nunha aula e con mamparas, restando humanidade e salubilidade ao día a día da docencia”.
Por iso, solicitan a Xunta que se “atenda o proxecto pedagóxico do noso centro, concedendo esos dous profesores solicitados”. E tamén que se pense nunha posible solución para que o curso que vén non se teñan que seguir utilizando os laboratorios como aulas.
Novas relacionadas
- 19-09-2020: A comunidade escolar de Laxe saíu á rúa para pedir máis medios.
- 18-09-2020: As comunidades escolares de Carballo e Cee saíron á rúa por unha volta segura ao cole.
- 15-09-2020: A comunidade escolar do CEIP Eduardo Pondal pide á Consellería que aprobe o cambio o horario de saída para poder facer varios turnos de comedor.