Luns. 18.10.2021
El tiempo

A banda carballesa "Apart" lanza o seu segundo adianto do disco "Everything"

A banda Carballesa Apart en Baldaio
A banda Carballesa Apart en Baldaio
A banda carballesa "Apart" lanza o seu segundo adianto do disco "Everything"

Xa temos o segundo adianto do novo disco da banda carballesa Apart. “We Want It All” é o segundo adianto do disco “Everything”. Xa o podemos escoitar en Spotify.

“We Want It All” é unha “balada introspectiva onde o grupo exprésase no estudo de forma delicada e sinxela”, con ese sonido folk e funk tremendamente sensual.

A banda presenta ademais a portada do disco, realizada por Alina Espiño, coa inconfundible curva de Baldaio.

Portada Everything da banda de Carballo APART

Esperamos ver o videoclip, gravado por María Pereira e Fernando Cabeza en Razo-Baldaio, nas vindeiras semanas. Este é un adianto:

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by Apart (@apartlive)

Apart, a banda que non falta na lista "Son Carballo", está formado por Inés Branco, Robin Mallo, Daniel Barreiro, Fernando Lantes, Iago Pardiñas e Pedro Ramos. Pepa Arán colabora coa banda nesta ocasión, encargándose dos coros.

A Banda Carballesa APART

Novas de música bergantiñá

comentarios