Luns. 29.04.2024
El tiempo

Os Bombeiros de Carballo acoden a unha explosión de gas e un conato de incendio nun restaurante

Bombeiros nunha cocina
Bombeiros na casa de Sofán
Os Bombeiros de Carballo acoden a unha explosión de gas e un conato de incendio nun restaurante

Tarde axitada a deste domingo para os Bombeiros de Carballo e os membros de Proteccion Civil. Eran as 14:47 cando eran avisados por unha explosión de gas no lugar de Campos de Bolón, en Sofán, Carballo. Segundo informaban os veciños, estaban comendo na cociña cando se produciu unha explosión de gas, supostamente por unha fuga. A explosión provocou a caída da porta da cociña e un pequeno conato de incendio na cociña de gas, que foi sufocado polos ocupantes da vivenda cunha mangueira. Non houbo danos persoais e os danos materiais centráronse na porta que rompiu e na propia cociña de gas, ademáis da bombona, á que se lle derretiu o plástico das asas.. Os Bombeiros procederon á ventilación e mediron as condicións do aire ata que a atmósfera era aceptable.

Bombeiros en Carballo
Bombeiros no Restaurante Oasis

Pouco despois, ás 16:23, recibían outro aviso por un incendio no Restaurante Oásis, sito na Rúa Fomento da capital carballesa. O local estaba pechado, e saía algo de fume de xeito intermitente. Como non era moito esperaron pola persoa que tiña a chave do local e cando abriron a reixa comprobaron que o que ardera foran papeis (periódicos e cartas) que había entre a reixa e a cristaleira do local. Enfriouse o material con auga e retirouse para un colector de lixo. O conato de incendio non provocu danos no local.

Conato de incendio en Carballo
A cousa quedou en conato

Comentarios