Venres. 22.01.2021
El tiempo

A Brigada de Obras tomará medidas para resolver a situación do valado do campo de Razo

Estado do valado do campo de Razo
Estado do valado do campo de Razo
A Brigada de Obras tomará medidas para resolver a situación do valado do campo de Razo

Co ambicioso Plan de Arnados-Razo no horizonte, son moitas as eivas que azoutan á zona. Así, o recolle a agrupación municipalista Xuntos Carballo, que vén de trasladar a indignación de veciñ@s de Razo polo “deplorabél estado en que se atopa o cercado que separa o campo de fútbol do resto das instalacións deportivas”.

Dende a agrupación piden que se tomen medidas de urxencia na aramada, a través da brigada de obras municipal. “O que hoxe é un perigo real pode convertirse en algún tipo de accidente e cumpre poñer solución con urxencia”. avisan.

Este luns o Concello xa avisara a Brigada de Obras para amañalo o antes posible.

Piden o arranxo da Rúa Xosé Manuel Eirís

Do mesmo xeito, o secretario local da agrupación Xuntos Carballo, Xesús Deus Gende, recolle este luns varias reclamacións en referencia ao mal estado das rúas que lle fixo chegar a veciñanza. Unha das zonas máis afectada  e a que se xunta co núcleo urbano moi preto dos supermercados Lidl e Día, polo que denuncia que "a rúa Xosé Manuel Eirís se atopa nun estado vergoñento".

Apuntan tamén outras zonas que necesitan melloras, como o paso de peóns na Ramón e Cajal que dá acceso ao Centro de Saúde; a rúa Faustino Río, a rúa Darwin... "Cando un se alonxa do centro urbán máis grandes son as carencias en barrios e aldeas", sinalan dende Xuntos Carballo.
 

Novas relacionadas

comentarios