Xoves. 28.05.2020
El tiempo

Carballo conta o que ve dende a súa ventá

Carballo conta o que ve dende a súa ventá

Unha vez rematado o exitoso certame de microrrelatos de instagram, e como parece que isto vai para rato, o Concello de Carballo lanza unha nova campaña. "Carballo dende a túa ventá" pretende que a veciñanza comparta imaxes e textos do que ven dende ende as súas fiestras, balcóns, terrazas, eiras, xardíns, durante o estado de alarma por mor do COV-19.

O formato será de chío, cunha imaxe e un texto de 280 caracteres, enviando a [email protected] ou a 698156402. Seleccionarán as mellores imaxes e textos para subilos nas nosas redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram) mencionando ao autor ou autora co hashtag #CarballoDendeATúaVentá e así ir construíndo pouco a pouco un mural da realidade que vivimos estes días.

Ademais, cando todo isto pase, organizarase unha exposición cunha selección das mellores imaxes e textos e  tamén se realizará unha publicación con esta selección para deixar testemuño das contribucións da cidadanía.

O prazo é ata o 10 de maio, e os participantes poderán gañar unha cea ou xantar en locais hostaleiros de Carballo para desfrutar cando todo isto pase.

Novas relacionadas

 

Outros Concursos

comentarios