Carballo dedica a nova edición do Novembro con Música a Eduardo Coma

De aí que o Concello de Carballo, que xusto onte pola mañá presentaba o programa “Novembro con Música”, queira dedicarlle esta edición.
O programa arrinca este venres co Live in Cances, pero ata 10 de decembro o Pazo da Cultura encherase de actividades musiqueiras para todas as idades e gustos.
Todas as citas deste programa organizado conxuntamente polo Concello de Carballo, e agrupacións vinculadas ao Concello como a Banda de Música e a Big Band do Conservatorio, e a colaboración na programación de Novembro con Música da Asociación Cultural San Campio de Cances, do Casino 1889 e Instituto de Estudos Bergantiñáns, coa colaboración da Deputación da Coruña, son de balde.
Programa
MÚSICA ROCK
- Sábado 12 novembro | 22.30 h | LA FÁBRICA DE ESPEJOS.
- Sábado 26 novembro | 22.30 h | DOCTOR SNOB (no CASINO 1889).
MÚSICA FOLK
- Venres 18 novembro | 21.00h | FAIA, na Casa da Cultura.
MÚSICA TRADICIONAL
- Sábado 19 novembro | 21.00 h | SONS DE AQUÍ. No Pazo da Cultura, coa participación de grupos de asociacións de Carballo, coa vontade de gozar de pezas tradicionais da man de A. C. Nemeth, A. C. e X. Arume de Verdillo, Escola do Alprende de Oza, A. C. S. Campio de Cances e Coro Aires de Bergantiños.
MÚSICA CORAL
- Sábado 26 novembro | 20.00 h | FESTIVAL SANTA CECILIA. No Pazo da Cultura, coas Coral de Bergantiños, Coral Polifónica de Mera e a Coral Polifónica Estradense.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA
- Dous concertos, o e o da Big Band do Conservatorio o venres 25 de novembro ás 20.00h e a Banda Municipal do Conservatorio de Carballo, o venres 2 de decembro ás 20.00 h.
MÚSICA DE AUTOR
- Venres 25 novembro | 21.00 h | ANTÍA MUÍÑO, na Biblioteca Rego da Balsa.
Outras actividades
- DOCUMENTAL: Xoves 24 novembro | 20.00 h | SEMENTE DE BERRAR. Documental musical na Biblioteca Rego da Balsa.
- CICLO MESTRE MATEO: continúa este ciclo con tres películas.
- Venres 11 | 19.30 h I PRESENTACIÓN LIBRO CANCIONEIRO DE BUÑO DE DOLORES CANCELA PÉREZ, coa participación de Xosé Manuel Varela e Antonio Fernández. Na Biblioteca Rego da Balsa.
- Venres 25 | 20.30 h I PRESENTACIÓN LIBRO AUSENTES DE AFONSO EIRÉ. No Casino 1889 Entrada libre ata completar aforo.
- Sábado 10 | 20.30h I AULA DE TEATRO MUNICIPAL. PEQUENAS ESCENAS. No Pazo da Cultura.
- EXPOSICIÓN MÚLTIPLE: A ARTE DE PICASSO A BARCELÓ. Exposición ata o 27 de novembro no 3º Andar da Casa da Cultura.