O Carballo Interplay pecha a 9ª edición recoñecendo o valor do activismo na redes
- Porco Bravú dirixirá a Gala de entrega dos premios ás mellores webseries do festival

Arrincaba o xoves poñendo en valor o talento galego na rede, e despois dunha sesión de venres dedicada aos profesionais do sector audiovisual, o Ferival Carballo Interplay, afronta unha recta final dedicada ao activismo nas redes.
Na tarde do venres haberá un encontro de Podgalego, para poñer en valor a cantidade de podcasts que temos na nosa lingua. Estrearase a serie “Pringadas”, de Belén Puime, e haberá dúas accións radiofónicas con Radio Primavera Sound e co podcast Rajando con… Ana Polo e Asaari Bibang, dúas das cómicas máis recoñecidas do panorama nacional..
O sábado será o día dedicado ao activismo, cunha xornada con algúns dos nomes máis coñecidos de internet en termos de activismo, feminismo, dereitos LGBT, cultura e entretemento. A partir das 11h30, falarán sobre Activismo, divulgación e feminismo(s) na rede Nerea Pérez de las Heras, dramaturga, xornalista e cocreadora do podcast Saldremos mejores, Eugenia Tenenbaum, divulgadora especializada en historia da arte con perspectiva de xénero, Ana Polo e Asaari Bibang,
Ao mesmo tempo, seguindo a liña da Zona PRO desta edición, Manuel Bartual impartirá un taller de guion de podcast no que volcará todos os seus coñementos como creador dos formatos Biotopía e Santuario. Pechará a mañá de sábado a Sesión vermú de Marta Salicrú DJ Set, directora de Radio Primavera Sound.
Pola tarde, a filósofa, columnista e escritora Elizabeth Duval abriranos as portas do seu Código Fonte Audiovisual a través dos vídeos que marcaron a súa identidade en "Cartas a las chicas del 2000”.
Gala de peche
A tradicional gala de entrega de premios, ás 21h, pechará a 9ª edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay. Jorge Boquete e Oscar Cruz, de Porco Bravú, teñen preparada "A Desfeita", un late night no que recibirán invitados e caras coñecidas e farán un repaso dos últimos nove anos de festival.
Lembrade que O acceso ás actividades do festival é gratuíto, previa retirada de entrada a través da web, e tamén poden verse en streaming a través de Youtube, Twitch ou Facebook. O programa pode verse na web.
Novas do Carballo Interplay
- Interplay 2022: O Carballo Interplay arrincou poñendo en valor o talento galego da rede.
- Interplay 2022: O talento galego, de novo protagonista do Carballo Interplay.
- 2021: O Carballo Interplay recibe o Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2021.
- 2021: O Carballo Interplay 2021 ofreceu ao mundo unha inmellorable panorámica da innovación na rede.
- 2021: Interplay: Os Masters da rede galega debullaron as principais canles creativas.
- 2020: 23.000 visualizacións demostran o potencial da rede do Carballo Interplay
- 2020: A creatividade fluíu na rede gracias ao Carballo Interplay
- 2020: Antía Suárez: "O Carballo Interplay visibiliza o traballo da xeración máis nova"
- 2019: Paula Vázquez: O Interplay moi ben, pero falta Carballo
- 2019: O Interplay volveu convertir Carballo na capital da cultura dixital global.