Sábado. 20.07.2024
El tiempo

O talento galego, de novo protagonista do Carballo Interplay

DINOSAURIOS NOS COLES 16.9
O talento galego, de novo protagonista do Carballo Interplay

Ademais do podcast, este ano, coma sempre, outro dos grandes protagonistas do Carballo Interplay será o talento galego. O Festival de Contidos dixitais máis importante do estado volve poñer en valor a nosa lingua e calidade que temos no noso país en materia de creación audiovisual.

Xentes como Café Derby 21, a divulgadora Tamara Pazos (@puntamen_t, a youtuber e tiktoker Prado Rúa, a xornalista Esther Estévez, o youtuber Olaxonmario e o músico Berto formarán parte do elenco de personalidades que participarán no encontro do xoves 7 de abril, demostrarando que temos cantidade de produtos en galego na rede.

O primeiro día do festival arrincará co “Certame Dinosaurio Escolas”, un concurso que ten como principal obxectivo fomentar a creación audiovisual en galego dende a base, enfocado aos niveis educativos de Secundaria, Bacharelato ou Formación Profesional de Grao Medio. A idea é recibir propostas para a creación dun novo capítulo da serie Dinosaurio. De entre todos os traballos recibidos seleccionaranse 10 capítulos finalistas que se proxectarán na 10ª edición do festival.
Ademáis, neste encontro cos centros educativos tamén se proxectará a serie Cacola, gañadora do premio a proxecto en galego 2020, da man do seu creador, David Fidalgo.

Ás 12h terá lugar a gravación en directo de “Petiscos no Derby”, co coñecido podcast creado por Adrián Lede, Nicolás Carreira e Carme D. Prol.

Pola tarde, ás 18:30, terá lugar a final do o pitching de iniciativas que optarán ao premio de “Mellor proxecto de serie web”, na que as finalistas presentarán a súa proposta de webserie ante un xurado que decidirá cal será a que reciba 3.000 euros de financiación para a realización dos seus tres primeiros episodios. Este é o único premio destas características que existe en todo o estado español, e deu lugar a creacións coma Peter Brandon (premio Mestre Mateo), Hai vida en Bran?, Sígueme, Xan, Amnesia 3.0, Cacola ou a gañadora da última edición, Pringadas, de Belén Puime. Para terminar a xornada, ás 22:30 terá lugar a festa de décimo aniversario de Angélica y Roberta, creado pola propia directora do festival, Sonia Méndez, coa emisión do capítulo especial grabado para conmemorar os dez anos dunha das webseries galegas máis icónicas da historia.

Ademais, o venres 8 ás 18h30 proxectaranse en exclusiva os primeros tres episodios de Pringadas, de Belén Puime, a webserie gañadora do “Mellor proxecto de serie web” da edición pasada.

Novas do Carballo Interplay

Comentarios