O Concello de Carballo cede os terreos para que a Xunta constrúa o Centro Integral de Saúde

Tralas disputas iniciais, semella que Concello e Xunta van achegando posturas para a creación do Centro Integral de Saúde de Carballo. Un proxecto de imperiosa necesidade como denunciaban os profesionais durante anos.
O Concello carballés vén de dar un novo paso adiante, dando luz verde, tras un proceso de información púnlica, ao convenio urbanístico que permitirá poñer a disposición da Xunta de Galicia os terreos solicitados para a creación do CIS. O documento fora asinado inicialmente polo alcalde, Evencio Ferrero, e o propietario da parcela, Alberto Varela, o pasado 24 de marzo, e aprobado pola Xunta de Goberno Local o 27 dese mesmo mes.
O Concello pon a disposición da Consellería de Sanidade un terreo de 1.820,60 metros cadrados, ao carón do actual Centro de Saúde, para dar cabida aos servizos previstos no Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria.
NOVAS RELACIONADAS
- Decembro 22: Concello e Xunta asinan o acordo para convertir o Centro de Saúde de Carballo nun Centro Integral de Saúde.
- Novembro 21: Xunta e Concello de Carballo unen camiños para facer un novo Centro de Saúde.
- 12-11-21: A Xunta insiste na ampliación do Centro Integral de Saúde de Carballo.
- O BNG carballés fixo campaña na rúa por un Novo Centro de Saúde.
- O BNG considera necesario un segundo Centro de Saúde para Carballo
- O Centro Integral de Saúde de Carballo ou un novo proceso de centralización dos recursos no rural