O humor activista toma o Interplay

Continúa desenvolvéndose ao longo da fin de semana o Festival de Contidos dixitais máis importante da península. Tralas dúas xornadas inaugurais, o Carballo Interplay afronta un sábado de activismo e humor.
Onte venres, foi un día completo, con protagonismo para creadores e plataformas, que compartiron experiencias e sabedorías na prolífica #ZonaPro.
Pola tarde foi tempo de proxeccións das webseries, as grandes protagonistas do festival:
Sábado de Activismo e humor
O sábado chega unha xornada adicada aos proxectos que empregan a rede como unha ferramenta para mellorar o mundo e a aquelas propostas que se apoian no humor para abordar asuntos como as relacións de parella, a saúde mental, a loita contra o machismo ou polos dereitos do colectivo LGTBI. Pol Andiñach (Vilassar de Mar, 1991), coordinador do colectivo de xornalistas Cuellilargo e autor do libro Todo el mundo puede ser antifa. Manual práctico para destruir el fascismo (2021); Laura Tabarés (León, 1991), membro do colectivo de produción cultural especializado en virtualidade e programas educativos con perspectiva feminista Ontologías Feministas; e parte da colectividade millennial Proyecto UNA, que investigan sobre as guerras culturais de poder nos medios, Internet e a realidade analóxica.
E, sen perder de vista o papel do humor no activismo e na disidencia, o festival conversará tamén de Humor, precariedade xeracional e ilustración coa viñetista, cómica e creativa Anastasia Bengoechea (Barcelona, 1982), Monstruo Espagueti; coa ilustradora e humorista Violeta Navas Ortega (Granada, 1994), La Prados; e coa viñetista Roberta Vázquez (Santiago de Compostela,1989), autora do cómico ¡Socorro! coa editorial Apa Apa.
Pecharán a mañá de sábado Esnórquel e Perra de Satán co seu podcast ¿Puedo hablar! onde cada semana analizan, co seu particular humor e sen censura, cuestións como a saúde mental, os seus corpos, a política, a cultura, o ligoteo, o sexo, a depresión... e moita televisión dos noventa. Esnórquel será, tamén, o encargado de ofrecer ás 17h o seu Código Fonte Audiovisual, un percorrido por vídeos de youtube de alcance queer que marcaron a súa adolescencia na aldea e na universidade, de xeito paralelo ao seu crecemento como "maricón pintao”.
A tradicional gala de entrega de premios, ás 21h, pechará a 8ª edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay. Será un concerto escénico, unha experiencia de resistencia na que mesturan o reguetón, as proxeccións, o mundo dos debuxos animados e algúns premios para as mellores series da Sección Oficial, entre tema e tema.
O acceso ás actividades do festival é gratuíto, previa retirada de entrada a través da web, e tamén poden verse en streaming a través de Youtube, Twitch ou Facebook.
NOVAS RELACIONADAS
- Interplay: Os Masters da rede galega debullaron as principais canles creativas.
- 2021: Arrinca un Carballo Interplay cheo de humor, compromiso e talento galego.
- 2021: O Campamento Kamikaze fai de Carballo un escenario fetén.
- 2021: O humor máis disidente da rede española, no Carballo Interplay.
- 2021: O Interplay reunirá en Carballo os "Masters da internet" de Galicia.
- 2021: 23 webseries, 4 en galego, competirán na 8ª edición do Festival Carballo Interplay.
- 2021:
Portugal será o país convidado no Carballo Interplay para ver como a TV avanza nos contidos dixitais
-
23.000 visualizacións demostran o potencial da rede do Carballo Interplay
-
Antía Suárez: "O Carballo Interplay visibiliza o traballo da xeración máis nova"
-
O Interplay volveu convertir Carballo na capital da cultura dixital global
-
Carballo Interplay, ou o epicentro mundial dos contidos dixitais