Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Interplay reunirá en Carballo os "Masters da internet" de Galicia

Galegos influencers no Carballo Interplay
Galegos influencers no Carballo Interplay
O Interplay reunirá en Carballo os "Masters da internet" de Galicia

Estrellas da TVG máis dixital como a vimiancesa Alba Mancebo ou Esther Estévez; youtubers como OlasonMario ou Nee Barros; creadores de podcast como Isaac González ou Samuel L. París (MBA mal) ou Carme D. Prol (Café Derby 21); Tiktokeiras como Leti da Taberna ou Malva; ou tuiteiros como Jon Amil ou Miralcousinha, serán algunhas das voces relevantes que o Festival de Carballo Interplay xuntará no marco do Masters da rede, 1º encontro transversal de creación galega online.

Co propósito de seguir promocionando o talento galego na rede, a cita será o xoves 9 de setembro, e tamén contará con creadoras e creadores de series web do pasado, do presente e do futuro.

Por exemplo, haberá tamén “CREA”, organizado pola asociación de realizadores e realizadoras de Galicia e protagonizado polas creadoras de e creadores de proxectos fundamentais no panorama das series web en Galicia: Sonia Mendez (Angélica y Roberta), Irene Pin (Amnesia 3.0), Javi Camino (El viudo quiere mimos), Óscar Cruz (colectivo Porco Bravú) ou Lucía Estévez (Xan), que moderará o debate. Tamén participarán na conversa Sandra Lesta, David Fidalgo, Jorge Boquete, Miguel Canalejo ou Pedro Brandariz. E, xa pola tarde, proxectaránse as series web en galego que compiten na Sección Oficial do Carballo Interplay -Arrieiros Somos, Mataría MicroSerie, Pandemials e Dúo Vaguedades- coa presenza das súas creadoras e creadores.

Series en futuro

O primeiro festival de contidos dixitais do Estado segue sendo fundamental para a creación dixital en galego, e de aí o premio de 3.000 que destina á creación dos 3 primeiros capítulos dunha serie na nosa lingua.

A cita servirá para ver eses 3 capítulos, o teaser completo e o making off de Cacola, ao guión gañador do ano pasado desenvolto por David Fidalgo.

Este ano competirán polo galardón catro comedias: “Pulp Air”, un proxecto de Helfunk Studio (Anita Pico e Rocío López); “Pringadas”, un drama come of age de Belén Puime Bao; “Trela, Clínica de suicidios”, unha comedia dramática de Gemma Do Carmo e Margot Alvarado dirixida por Cris Andina; e “Non son a túa avoa”, unha historia de desencanto, roubos e desaparacións creada por Pedro Souto.

Certame de guions de webseries en galego

Novas relacionadas

Comentarios