O Interplay vai debullando o programa de talleres e shows do seu 10º aniversario

Tras coñecer as primeiras actividades vinculadas co talento galego, o Carballo Interplay vai definindo as accións da 10ª edición. O festival, que terá lugar os días 29, 30, 31 de marzo e 1 de abril, contará ca presencia de vellos coñecidos coma David Sainz, Teresa Segura, Hematocrítico o Noel Ceballos, en formatos tan dispares coma un Código Fonte Audiovisual ou a gravación en directo dun podcast.
Entre os shows e talleres máis destacados, atopamos o do venres 31 ás 20h00 gravarase en directo o podcast "Nacho Martín Project Live". Esta actividade para nostálxicas con risas aseguradas consiste na análise, episodio a episodio, da coñecida serie Médico de familia, e gravarase con público por primeira vez no Carballo Interplay. Os seus presentadores son Noel Ceballos, xornalista, escritor e redactor de cultura na revista GQ, Hematocrítico, escritor, humorista e autor de literatura infantil, e Nus Cuevas, compositora de BSOs, artista de video/motion 3D e especialista de contido en márketing.
Ao día seguinte, o sábado 1 de abril ás 19h00, xusto antes da Gala de entrega de premios, chega o CFA de David Sainz ("Malviviendo”) e Teresa Segura (Different Entertainment SL). Un Código Fonte Audiovisual é un formato híbrido entre conferencia e proxección no que se invita a alguén a que seleccione e comente fragmentos de obras audiovisuais que marcaron a súa cultura e a súa forma de entender o mundo.
Talleres
Ademais, nesta edición levarase a cabo o primeiro taller de creación de memes da historia do festival. Nel reflexionarase sobre as posibilidades comunicativas e a capacidade de xerar unha lingua propia que teñen os memes.
Este taller será impartido por Proyecto Una, unha colectividade millennial cuxo cometido é dar valor ás alianzas feministas forxadas ao calor dos píxeles.
Ao longo das próximas semanas iranse comunicando as demáis actividades, coma as relacionadas co certame de webseries, a Zona PRO e o resto de charlas e shows.
Novas deste Interplay
Repaso histórico DO CARBALLO INTERPLAY
- 2022: O “necesario” Carballo Interplay pechou a súa 9ª edición cunha boa “desfeita”
- 2022: O Carballo Interplay arrincou poñendo en valor o talento galego da rede.
- 2021: O Carballo Interplay recibe o Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2021.
- 2021: O Carballo Interplay 2021 ofreceu ao mundo unha inmellorable panorámica da innovación na rede.
- 2021: Interplay: Os Masters da rede galega debullaron as principais canles creativas.
- 2020: A creatividade fluíu na rede gracias ao Carballo Interplay
- 2020: Antía Suárez: "O Carballo Interplay visibiliza o traballo da xeración máis nova"
- 2019: Paula Vázquez: O Interplay moi ben, pero falta Carballo
- 2019: O Interplay volveu convertir Carballo na capital da cultura dixital global.
- 2018: Dinosaurio, a webserie do Interplay que narra a caída mundial da internet.
- 2018: O Interplay volveu convertir Carballo na capital estatal dos contidos dixitais.
- 2017: O Festival Interplay fai de Carballo a capital da cultura dixital global
- 2017: O IV Festival Carballo Interplay, a máxima calidade audiovisual entra na Costa da Morte
- 2016: O éxito do III Carballo Interplay asegura unha cuarta edición no 2017.
- 2015: O Carballo Interplay, os Óscars 2.0:
- 2015: Arrinca un desenfadado Festival Interplay para poñer Carballo no centro das miradas do audiovisual.
- 2015: O Festival Interplay, unha regueifa audiovisual de vangarda.
- 2014: As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.