Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Unhas Letras Galegas na rúa carballesa

Programa Letras Galegas Carballo 2022 1
Unhas Letras Galegas na rúa carballesa

Prepara Carballo un mes das Letras Galegas completo de actividades arredor da figura de Florencio Delgado Gurriarán. Teatro, da música, da arte e mesmo da natureza, para fomentar o amor pola nosa lingua e pola nosa literatura, propoñen as concellarías de Cultura e Normalización Lingüística, coa colaboración do movemento asociativo e de institucións como a Deputación da Coruña.

O programa arrinca este xoves 12 coa compañía Teatro do Atlántico que representará ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, o espectáculo “Libre como os paxaros”, no que os textos de Rosalía de Castro están presentes nos acontecementos cotiáns da sociedade contemporánea. br/>Durante este mes de maio volven os Ratos de Lonxedetodo e ademais estréase o Ciclo Marusía Escénica, no que participarán, a xeito de intercambio, grupos de teatro afeccionado de Sada, Bergondo, Oleiros e Carballo. Vagalume Animación representa a Carballo.

O programa inclúe as actuacións do Conservatorio Profesional de Música ou da Aula de Teatro Municipal, que o 3 de xuño ofreceranos distintos traballos creados, individual e colectivamente, ao longo do curso.

E gañas temos tamén de dusfruar do Curruncho Pop para seguir animando as tardes de sábado na Biblioteca Rego da Balsa, nesta ocasión cun Magín Blanco diferente.

Programa Letras Galegas Carballo 2022 2

17 de maio na rúa

O gran día será un menú de Letras na Rúa, coa Praza do Concello, o Xardín Municipal e a Rúa Coruña como epicentros.

A partir das 11.00h, Caxoto presentará os seus contos dO Garoto de Ipanema, unha bonita historia sobre a vida de Florencio D. Gurriarán.
Á mesma hora empezará o reparto de papel e pinturas, porque chega tamén a 40ª edición do Concurso Infantil e Pintura Luís Calvo, que organiza a asociación cultural Lumieira.
E ás 12.00 h soará a música de Golfiños. Non faltará a Banda Municipal de Gaitas, que dirixe Jesús Moreira, e mais a Banda Municipal de Música de Carballo, dirixida por Javier Bardanca, que interpretará o tradicional Concerto das Letras ás 13.00 horas na rúa Coruña.

Centros escolares

Ademais, entrte as sesións pensadas para os centros educativos, Carballo leva o programa “Falame”, con concertos, regueifas e outras actividades arredor da lingua desenvolveranse o día 18 nesta festa para centros de ensino organizada por CIG-Ensino, AS-PG e a Mesa pola Normalización Lingüística coa colaboración das concellarías de Normalización Lingüística e Cultura e da Deputación da Coruña.

Máis actividades arredor das Letras Galegas

Comentarios