sábado. 22.03.2025
El tiempo

Máis de 400 persoas anotadas no Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas de Entroido

Unha carroza do Entroido carballés dun ano anterior
Máis de 400 persoas anotadas no Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas de Entroido

Unha vez pechado o prazo de inscrición nas categorías de comparsas e carrozas para a gran cita do Entroido de Carballo, o Concurso de Entroido de Carballo, xa hai máis de 400 persoas anotadas.

Este ano está previsto que participen 6 carrozas, con máis de 150 persoas, e ata 10 comparsas, con preto de 250 persoas.

O número pode aumentar porque o prazo nas categorías de grupos, parellas e individual está aberto até o mesmo día do desfile, o domingo 2 de marzo, na propia Praza do Concello.
O Concurso e Desfile de Disfraces, Comparsas e Carrozas de Entroido estará presentado  pola actriz Isabel Risco. Comeza ás 18.00 horas e durante o baile posterior, ás 20.30 horas co Grupo La Bamba, farase a entrega de premios.

Outras citas infantís

Ademais, destacan que as para Obradoiro de sombreiros tradicionais de Entroido organizado pola AC Escola do Alprende de Carballo as prazas xa están agotadas. Porén aínda quedan para o Obradoiro de Máscaras de Peliqueiro que se desenvolve na na Biblioteca Rego da Balsa, o martes 4 de marzo ás 11:00h.

O programa contará tamén con moita animación nas rúas xa dende o primeiro día. Así, o venres 28 de febreiro Circo Krasnovarak visitará a Praza do Concello a partir das 18.30 horas co seu espectáculo no que hai xigantes, xirafas, elefantes e mesmo monicreques.

Os pasarrúas terán presenza o 2 de marzo, día do Concurso de disfraces; o luns 3, día da Festa Infantil e tamén o martes 4 durante o Enterro da Sardiña: correrán a cargo das charangas ACDC (Atlantic Club Domestic Charanga) e de Santa Compaña, coa colaboración da Aula de Teatro Municipal de Carballo que dirixe Galeatro. A comitiva do cortexo fúnebre sairá ás 19: 00h da Praza do Concello e continuará ata o Parque do Anllóns, onde a sardiña acaba no río.

O programa péchase o domingo 9 de marzo coa Corrida do Entroido, que percorre a feira e rúas de Carballo. Organizada pola AC Escola do Alprende, a cita está patrocinada pola Concellaría de Cultura.
A todas estas citas hai que sumarlle as actividades que se desenvolven en diferentes barrios e parroquias de Carballo: co Renacemento do Chorón na Milagrosa o venres 28 de febreiro e o sábado 1 de marzo; con festas do cocido en Sofán e Entrecruces o sábado de Entroido; coa festa de Entroido con concurso de sobremesas típicas o sábado de piñata en Bértoa; ou co Festival de Entroido de 15 e 22
de marzo, respectivamente.
 

Outras citas do Entroido Bergantiñán

Comentarios