mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Caietano volverá ser o protagonista do LaxEntroido

Entroido Caietano_Laxe_2024
Imaxe do Enterro do Caietano do ano pasado
O Caietano volverá ser o protagonista do LaxEntroido

A pesar de que a comunicación municipal lle chame Caetano (lamentable erro nas redes…), o persoeiro do Caietano, inventado polo veciño Xabier García polo 2010, volverá ser o protagonista do Entroido de Laxe, o LaxEntroido.

Unhas festas que se desenvolverán dende o sábado 1 ata o martes 9 de marzo. O sábado 1 comeza ás 17:30h co Gran Desfile de Entroido e Comparsas polas rúas de Laxe. Non sen antes acodir á porta do Concello onde Don Caietano, o borrachín da vila que vén de saír investido alcalde. Atentos á organeta de Pulpiño Viascón, unha verdadeira festa.
Ás 18:30 h haberá Festa de Entroido no Pavillón Polideportivo con inchables, baile, photocall, música e filloas con chocolate de balde.

Xa o venres 7 de marzo, terá lugar diante do Concello, ás 12:00 h, o Velorio de Don Caetano, que non durou moito no poder. A comitiva de viuvas fará as risas de toda a vila.

Xa o domingo 9 de marzo, na Praza dos Voluntarios. realizarase o Velorio e misa cómica a Don Caetano, cita imprescindible, ás 18:00h, cunha Queima pirotécnica silenciosa de Don Caetano para poñerlle o broche de ouro ao Entroido!

Laxentroido cartel 2025 entroido laxe

AS CRÓNICAS DO CAIETANO

Outras citas do Entroido bergantiñán

Comentarios