En marcha a VII edición do Carballo Interplay coa apertura da inscrición do Campamento Kamikaze

Queres participar na creación dunha peza audiovisual de primeira calidade, nun proceso de inmersión total? A túa proposta é o Campamento Kamikaze, para o que o Festival Carballo Interplay acaba de abrir o prazo de inscrición.
Arrinca así a VII edición do festival de contidos dixitals máis importante da península, que pon a Carballo no epicentro da industria das redes. E faino co orgullo de ver á serie Dinosaurio, creada no campamento do ano pasado, como finalista dos Premios Mestre Mateo.
Se o festival se desenvolverá entre o 1 e o 4 de abril, as tres xornadas de Campamento Kamikaze serán o 30 e 31 de marzo e 1 de abril, e estarán adicadas un ano máis á creación dun "dinosaurio" na contorna incomparable da praia de Razo.
As persoas seleccionadas para participar nesta edición do Campamento Kamikaze traballarán en equipo con profesionais do mundo da creación audiovisual como Cris Iglesias, Alfonso Zarauza, Marcos Nine, Javi Camino, Antón Varela, Marta Piñeiro, Isaura Docampo ou Lucía Regueiro. Xuntas, xuntos, enfrontaranse ao reto de idear, gravar e postproducir en tres días os seus "dinosaurios", novos capítulos da webserie que se iniciara xa na primeira edición do Campamento Kamikaze baixo unha única premisa temática: a fin de internet.
Ademais os proxectos gañadores da última edición do festival, Xan (Lucía Estévez e Miguel Canalejo) e Amnesia 3.0 (Iria Iglesias, Natalia Porca e Irene Pin) poderán verse xa convertidos en series no auditorio da Pazo da Cultura de Carballo o xoves 2 de abril. As persoas que queiran seguir os pasos deste grupo de creadores e creadoras e presentar os seus proxectos de webserie en galego poden facelo ata o 15 de marzo a través da web carballointerplay.com.
Novas relacionadas
- 2020: Carballo estrea “Premios Darwin”, a serie do Interplay rodada en Bergantiños.
- CIP 19: O Interplay moi ben, pero falta Carballo.
- CIP 19: O Interplay volveu convertir Carballo na capital da cultura dixital global.
- CIP 19 (IV): Un mar dixital invade Carballo,
- CIP 19 (III): Carballo Interplay, ou o epicentro mundial dos contidos dixitais.
Edicións Anteriores
- 2018: Dinosaurio, a webserie do Interplay que narra a caída mundial da internet.
- 2018: O Interplay volveu convertir Carballo na capital estatal dos contidos dixitais.
- 2017: O Festival Interplay fai de Carballo a capital da cultura dixital global
- 2017: O IV Festival Carballo Interplay, a máxima calidade audiovisual entra na Costa da Morte
- 2017: En marcha a 4ª edición do Carballo Interplay, os Goya do audiovisual virtual
- Maio 2016: O éxito do III Carballo Interplay asegura unha cuarta edición no 2017.