O Pleno de Carballo tamén rexeita a reforma da Lei Electoral
Quedou o pleno carballés deste luns 8 de setembro marcado por unha decisión extramunicipal. I é que a modificación da LOREG (Lei electoral) que propón o Partido Popular para elixir directamente aos Alcaldes e Alcaldesas parece que dá que falar a todo o mundo. E a nós aféctanos directamente de cara ás Eleccóns Municipais de maio 2015, polo que non cómpre estar enteirado.
Así, a moción do PSOE de na que se insta ao goberno de España a rexeitar a reforma foi aprobada en pleno apoiado por todos os grupos da corporación, excepto o PP.
A moción socialista critica a falta de consenso e a urxencia da reforma.
A auga
Era o punto municipal máis conflitivo da orde do día, e de feito foi rexeitada a proposta do "Contrato de xestión do servizo público por procedemento aberto con varios criterios de adxudicación, baixo a modalidade de concesión, que ten por obxecto o ciclo integral da auga do Concello de Carballo”. Antes de que remate o ano hai que conseguir entregar a adxudicación unha que expira o contrato de 20 anos con Viaqua.
Queda sobre a mesa á espera de novas negociacións, i é que debido ao seu importe e complexidade, o contrato debe contar co apoio da maioría de todos os membros da corporación (11 votos) e non pode ser aprobado por maioría simple. Porén, na sesión celebrada o luns o punto contou cos votos a favor do BNG (10), en contra do PP (8) e coas abstencións de PSOE (1) e TEGA (2).
Máis puntos da orde do día
Quedou aprobada a proposta para o novo edificio do Lidl na Avda. de Bértoa, cuxa construción poderá empezar en breve.
Ademais, tamén por unanimidade resolvéronse as concesións de dous postos do mercado gandeiro da Milagrosa, unha vez que expiran tras 30 anos.
Coa abstención de PP e TEGA e o apoio do resto dos corporativos aprobouse unha transferencia de crédito para pagar a liquidación dunha obra do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal 2013 (POS). Retiraranse 18.423 euros da partida destinada á compra de vehículos municipais e incluiranse na partida correspondente para liquidar a cantidade coa empresa Hijos de Ramón Vázquez.
Novas relacionadas
- Unha rúa polo Médico Eduardo Mariño.
- Carballo asina un convenio con Cáritas.
- Carballo facilita a reciclaxe de vidro aos hostaleiros.
- 68 establecimentos de Carballo únense á campaña Ecovidro.
- Cincuenta fogares de Carballo participan no programa de compostaxe caseira.
- Os veciños do municipio de Malpica reciclaron 777 litros de aceite vexetal en 4 meses.
- Aspaber seguirá limpando as rúas de Carballo.
- O Enxeño Galego: O retrete floreiro.
- “Os composteiros caseiros son moi agradecidos, bótaslles residuos e devólvenche compost”.
- Reciclando os aceites domésticos en Corcubión.