Orzar e Tornado: Outros dous proxectos eólicos de Greenalia en Carballo
- Greenalia ten en marcha ata 11 proxectos eólicos na Costa da Morte
Seguimos enchendo o mapa da Costa da Morte de pequenas iconas con aspas. Si, os viraventos seguen ocupando a nosa paisaxe, e fano nesta pandemia a unha velocidade á que á sociedade non é capaz, nin ten recursos, para reaccionar. Sociedade que, por suposto, valora a aposta polas enerxías renovables, pero non a custe de hipotecar os nosos montes, a nosa natureza, a nosa paisaxe.
A semana pasada enteirábamonos dos impactantes proxectos de Bustelo e Baralláns en Cabana e Coristanco. Onte dabamos conta de dous novos proxectos que afectan a Vimianzo, Laxe e Camariñas. Hoxe imos á zona este de Carballo, onde se erguirán os xigantes aereoxeneradores de 200 metros de altura dos Proxectos Eólicos de Orzar e Tornado.
Mapa do parque eólico de Tornado
A propia compañía Greenalia anuncia os proxectos antes de que saia na Plataforma ambiental da Consellería, destacando o que considera un investimento de 100 millóns de euros na comarca, e volvendo poñer cifras surrealistas sobre a creación de emprego (arredor de 1.200 postos de traballo entre construción e mantemento).
O parque de Orzar (56 MW) situarase entre os concellos de Carballo e Tordoia, onde se instalarán os 10 aerogeneradores de 5,6 MW de potencia unitaria cos que conta esta infraestructura. Tal e como recolle o proxecto, as máquinas terán 105 metros de altura de buje e 150 de diámetro de rotor e poderán xerar no seu conxunto máis de 175 GWh.
O PE Tornado, de 67,2 MW, estará integrado por 12 aeroxeneradores semellantes ao de Orzar, que se distribuirán entre os concellos de Carballo, Tordoia, Val do Dubra e Trazo.
Os dous parques eólicos irán conectados á LAT de Mesón-Campelo, actualmente en fase final de tramitación, “o que permite para estes proxectos un proceso de execución máis rápido e menos impacto ambiental, dado que non necesitan nova liña de evacuación”.
11 proxectos, só Greenalia
A empresa xa avisa que ten en marcha proxectos en marcha por un total de 270 MW de aquí a 2022. De feito, contabilizamos un total de 9 proxectos en marcha Greenalia na Costa da Morte:
Plan Eolo I:
- Parque de Miñón, en Vimianzo (xa activo).
- Alto da Croa, Alto dá Croa II en Dumbría, en construción.
- Monte Tourado en Vimianzo, en construción.
- Campelo, Bustelo, Monte Toural, entre Santa Comba; Carballo e Coristanco, moi avanzado o peche financieiro pool.
- Touriñán, en Muxía, moi avanzado o peche financieiro pool.
Plan Eolo II:
- O Cerqueiral, en Cabana e Coristanco, e fase de exposición pública.
- Orzar e Tornado, en Carballo, Tordoia, Val do Dubra e Trazo.
Novas sobre os Eólicos
- PE Monte Chan e Pena dos Mouros: A veciñanza de Laxe denuncia dous proxecto eólicos sobre Laxe, Camelle e Vimianzo.
- PE Bustelo e Baralláns: Piden a eliminación do proxecto eólico Bustelo e Baralláns polo seu impacto paisaxístico.
- PE Corme: A Xustiza demostra o incumprimento de EDP, e a connivencia da xunta, á hora de medir o ruído dos eólicos de Corme .
- PE Berdoias: Varias entidades presentan alegacións ao Parque Eólico de Berdoias polo impacto no seu patrimonio.
- PE Campelo, Bustelo e Monte Toural: A DIA do Campelo recoñece que os do Campelo, Bustelo e Toural son un só proxecto eólico.
- PE Banzas: O bosque de Santa Locaia, tamén ameazado polos eólicos de Banzas.
- 6 razóns do expolio eólico: "Nunca Máis ao Plan Sectorial Eólico de Galicia”.
- PE Maragouto: Os Quijotes e Petón do Lobo piden que os eólicos non afecten aos humidais de montaña.
- PPEE Alto da Croa, Alto da Croa II e Monte Tourado: Denuncian a posible corrupción trala fragmentación fraudulenta dos parques eólicos de Vimianzo e Dumbría.
- G3 Corme: A desfeita das obras do parque eólico G3 de Corme, en imaxes.
- Familias afectadas por 6 proxectos de parques eólicos: “Róubannos a nosa Paisaxe”.
- PE Salgueiras: O BNG ratifica o seu rexeitamento ao parque eólico no Monte das Salgueiras.
- PE Salgueiras: “O parque eólico Salgueiras é ilegal que cada representante político e social asuma súas responsabilidades”.
- PE Salgueiras: Esixen a modificación do proxecto eólico das Salgueiras polo impacto visual e a aparición de novos elementos patrimoniais
- “Aldeas con horizonte”: Manifesto por unha moratoria a novos parques eólicos.
- PE Cerqueiral: O Cerqueiral, outra ameaza para a nosa paisaxe.
- Greenalia, que promove 7 parques eólicos na comarca, fai unha doazón de material escolar.
- PE Mouriños: A desfeita das obras do parque eólico de Mouriños na Serra de Gontón, en imaxes.
- PPEE Bustelo, Campelo e Toural: Santa Comba vestiuse de negro contra o “megaparque” eólico de Bustelo, Campelo e Toural.
- Regoelle, a tea de araña dos eólicos da Costa da Morte.
- P.E. Pena Catasol: Laxe xa non é un Concello Libre de Eólicos.
-
Novas sobre os eólicos