Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A presión inmobiliaria ameaza o emblemático Casino de Carballo

Hai un par de semanas coñecíamos a data do xuízo sobre a propiedade do Casino 1889 de Carballo. Unha data, a do 8 de marzo, tremendamente importante para o tecido social e cultural da capital bergantiñá.

Para apoiar a causa compartimos o escrito íntegro que a Sociedade Cultural e Recreativa Bergantiños vén de enviar para mobilizar á veciñanza.

Salva o Casino 1889 Carballo
A presión inmobiliaria ameaza o emblemático Casino de Carballo

A presión inmobiliaria ameaza o emblemático Casino de Carballo

A especulación pon en xaque a un dos poucos edificios históricos que quedan en pé na localidade: un xuízo o 8 de marzo decide o seu futuro.

O Casino de Carballo, un dos últimos inmobles históricos que quedan en pé na capital de Bergantiños, está en perigo. Nunha vila que medrou ao abeiro do desordenado crecemento urbanístico dos anos 60 e 70 e na que o cemento está espallado polas rúas como as árbores nun monte, de novo a especulación inmobiliaria está a piques de acabar cun dos símbolos da vila. Un pequeno edificio en aparencia, pero que, ademais do seu valor patrimonial, é o motor dunha entidade social e cultural que leva en activo desde o século XIX e que ten a súa sede no edificio do Casino dende hai cerca de 100 anos. Un xuízo que terá lugar o vindeiro 8 de marzo decidirá se seguirá sendo un espazo para o desenvolvemento cultural e social da vila e un dos poucos símbolos urbanís1cos que lle quedan a Carballo, ou se será derrubado para edificar un moderno bloque de edificios máis, similar a calquera do resto da vila. Porén, a loita para defender o Casino aínda non acabou. Remóntase a varios anos atrás e conta do apoio de toda unha vila que se uniu cun obxectivo común e que segue unida para seguir defendendo o patrimonio histórico e social de Carballo.

Os inicios da Sociedade Cultural e Recreativa Bergantiños remóntanse a 1889, aínda que foi no 1925 cando a asociación primixenia se trasladou ao emprazamento actual como arrendataria do edificio. Ao longo da súa historia, con altos e baixos e pasando polas distintas circunstancias sociais e políticas que foron evolucionando xunto coa sociedade carballesa, sempre ten sido un edificio ligado á actividade cultural e social da vila. Xa avanzado o século XXI, e logo de varios cambios na direc1va, foi en 2018 cando un grupo de persoas se uniu para darlle un novo pulo ao Casino e acadar que seguise sendo o que sempre foi: un dos centros neurálxicos da cultura da vila, agora con máis forza ca nunca. Un lugar aberto ao pobo.

Pero foi xusto nese intre cando xurdiron as dificultades. Poucos meses despois de que a nova directiva botara a andar, no mes de agosto, cando toda a cidadanía está de vacacións e as xes1óns administrativas e xudiciais son case imposibles, saíu por primeira vez á luz que o edificio fora adquirido en 2005 por unha sociedade inmobiliaria denominada Horta do Casino SL por un importe de 70.000€, un feito que nunca antes fora comunicado de forma confiable. Como a lei permite que os arrendatarios dun edificio exerzan a súa opción preferente de adquisición do inmoble fronte a outros posibles compradores a través do dereito de retracto, a directiva decidiu poñerse en marcha inmediatamente para exercer ese dereito que lle fora denegado no 2005. Así, comezou unha campaña para reunir ós 70.000 euros nos que estaba escriturado o edificio.

A resposta da sociedade carballesa non ten precedentes. Nun prazo récord socios, socias e veciñanza en xeral uniron forzas para conseguir os cartos necesarios para exercer o dereito de retracto. Dende a directiva elaborouse un sistema de doazóns e préstamos a través do que cada persoa achegou a cantidade que puido ou quixo, con cantidades que foron dos 5 aos 4.000€. En tan só dez días acadáronse máis dos 70.000€ precisos.

Porén, cando parecía que a situación estaba controlada, unha nova notificación dos propietarios, Horta do Casino SL, informaba de que o importe sinalado na escritura de compra fora un “erro”, e que o prezo do inmoble era, en realidade, de 360.000 euros. Xustifican que esa “confusión” foi provocada polo cambio de pesetas a euros que tivo lugar en decembro de 2002, xa que, aínda que as escrituras datan de 2005, o primeiro acordo de venda cos anteriores donos foi redactado en 2003 como acordo privado. En todo caso, o acordo tivo lugar mais de ano e medio despois de terse producido ese cambio de moeda. Ademais, hai constancia ante notario de que non se ten achegado polo de agora ningún xustificante de pago que valide o novo prezo de 360.000 euros.

Ademais de rebater o prezo do inmoble que eles mesmos achegaron nun principio, a sociedade inmobiliaria Horta do Casino SL ten presentado numerosas notificacións para presuntamente dificultar o desenvolvemento da ac1vidade da Sociedade Cultural e Recrea1va Bergantiños. Por exemplo, a pesar de que a en1dade social leva desenvolvendo a súa actividade polo menos dende hai un século con contrato firme e vixente dende 1956 -feito recoñecido polas dúas partes- a inmobiliaria asegurou no momento da escritura en 2005 que o edificio estaba libre de cargas. Algo difícil de crer cando sempre foi de coñecemento público e notorio por parte de toda a veciñanza que a Sociedade Cultural e Recreativa Bergantiños tiña no edificio a súa sede.

Tamén poñen obxeccións ás obras de reforma realizadas para arranxar certos elementos do edificio que permitiron que puidera con1nuar coa a súa actividade, como a mellora do ambigú. Aseguraron que esas obras non podían realizarse porque toda modificación estrutural debe contar coa aprobación dos arrendadores. Porén, calquera pode visitar o edificio e comprobar que non hai modificación estrutural algunha e que as melloras realizadas están permi1das por contrato. Por outra banda alegan que descoñecían a existencia dun aluguer do local hostaleiro coñecido popularmente como "O bar do Casino", algo que se ven producindo, tal como acredita a Sociedade Cultural e sabe todo o pobo, dende moitos anos antes da compra, no 2005.

Son só algúns dos asuntos que deberán dirimirse nun litixio xudicial cuxa tramitación se foi atrasando por causa da pandemia da COVID-19, pero que está por fin a piques de celebrarse: o vindeiro 8 de marzo no Xulgado de Primeira Instancia no 1 de Carballo ás 9.30 h.

Apoio da cidadanía

Se a veciñanza de Carballo respondeu con toda a súa forza en 2018 coa achega dos seus propios fondos para loitar pola conservación do edificio e do seu legado cultural e social. Agora, tras coñecerse por fin a data do xuízo, a cidadanía de Carballo volve a sumar forzas a prol dunha causa común.

O 7 de febreiro, un mes antes da celebración do xuízo, comezou a campaña Salva o Casino. Con ela preténdese sensibilizar sobre o valor histórico e cultural do inmoble, así como da importancia de ter un espazo de encontro na vila. Nos primeiros días da campaña, centos de persoas compartiron e apoiaron a mensaxe que lanzaron dende a organización e moitas outras déronse de alta como socias da entidade. As redes sociais enchéronse da frase Salva o Casino. Ademais, está previsto convocar mobilizacións para que a xente teña a oportunidade de seguir expresando o seu apoio para defender unha parte material e inmaterial da historia do pobo.

Catro anos de cultura e xuntanzas

Por outra banda, dende que en 2018 a nova directiva asumiu o rumbo da Sociedade Cultural e Recreativa do Casino, agora máis coñecida como Casino 1889, a axenda cultural de Carballo ten medrado notablemente. O espazo está aberto a ac1vidades culturais de todo tipo, dende clases semanais de danza, a clubs de lectura, concertos, obras de teatro, micros abertos, ciclos de cinema, presentacións de libros, mercadiños solidarios e, en defini1va, un espazo aberto a todas as persoas que queiran facer uso del.

Ademais, moitas persoas da vila participaron con traballo voluntario nas reformas realizadas no edificio para posibilitar a continuidade da súa actividade levando a achega popular mais aló das achegas económicas. A mellora do ambigú coa

substitución do falso teito que ameazaba con caer, o poder revocar as paredes con barro, o reforzo do chan, a rehabilitación da espectacular barra de madeira, a subs1tución das carpintarías e o pintado do salón e a recepción. Todo isto foi posible grazas á veciñanza de Carballo.

O vindeiro 8 de marzo non está unicamente en xogo o futuro do Casino 1889. Está en xogo o futuro do que Carballo quere ser, da súa memoria histórica e o seu pulo por seguir sendo un referente cultural e social na contorna.

  • Asdo: Sociedade Cultural e Recreativa Bergantiños.
 

Novas sobre o xuízo do Casino

Máis novas

Comentarios