Os residuos orgánicos dos colectores marróns volve a Carballo en forma de compost
Pecha o círculo da compostaxe urbana esta semana o Concello de Carballo. Os residuos da 5ª fracción que foron depositando as familias nos contedores marróns durante o primeiro semestre, estanse empregando nos xardíns municipais tras ser convertidos en compost na planta de compostaxe de Sogama.
Foron 193.060 quilos de residuos orgánicos os que as 1.400 familias e as 125 empresas que participan no programa “Ti tes a chave” botaron nos contedores marróns durante os primeiros 7 meses de ano.
Nova campaña
O stand do programa “Ti tes a chave” sae de novo á rúa para seguir fomentando entre a cidadanía a xestión sostible dos bío-residuos. Os días 24 e 27, coincidindo coas últimas feiras deste mes, terán un posto informativo na Praza do Concello con horario de apertura será de 10.30 a 13.30.
Ademais se queres participar podes achegarte de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas, ata o local de Carballo Limpo, situado nas galerías da rúa Desiderio Varela, número 34. Entregaranche un caldeiro de 10 litros de capacidade para facilitarche a separación dos restos orgánicos no teu fogar, tres atados de bolsas compostables que poderás repoñer cando se che acaben, un tríptico informativo e, por suposto, a chave.
ovas relacionadas
- Setembro 22: Unha ducia de desempregadas xa son mestras de compostaxe.
- Maio 22: Carballo exporta experiencia en compostaxe caseira polos concellos galegos.
- Abril 22: Carballo leva a compostaxe ao Mercado
- Novembro 21: Centos de veciñ@s de Carballo e A Laracha usan a primeira fornada do compost urbano do programa #TitesaChave.
- Abril 21: 1.253 familias e 123 establecimentos de Carballo teñen a chave da compostaxe urbana.
- Marzo 2021: 567 familias carballesas xa compostan na casa.
- Xuño 2020: As familias de Carballo xa superan a reciclaxe de 11.100 quilos na quinta fracción .
- Xullo 2020: Gran acollida do programa "Ti tes a chave" de Carballo na súa primeira semana de funcionamento.