Martes. 07.12.2021
El tiempo

#SoandoconForza: Un repaso ás bandas que pasaron polo XiriaPop

Cartel Xiria Pop Carballo 2021
Cartel do Xiria Pop 2021
#SoandoconForza: Un repaso ás bandas que pasaron polo XiriaPop

Acábase de publicar o cartaz da XXIV edición do festival carballés Xiria Pop.

Repasamos algunhas das bandas (e picadiscos) máis destacadas que pasaron polo festival dende os seus inicios no pub Bule Bule, pasando pola discoteca Vulcano (antigua discoteca Mikro) ou a cervecería Dublín.

Cando aínda nin o festival se chamaba Xiria Pop e se celebraba no pub Bule Bule, nos Baños Vellos de Carballo, nas primeiras edicións actuaron:

  • A banda carballesa de grunge e stoner rock Mr Graham.
  • Ao ano seguinte a Elephant Band de Xoel López.
  • 1999 A banda coruñesa Mistakens.
  • 2001 Deluxe.
  • 2002 Niños Mutantes.
  • 2003 The Sunday Drivers.
  • 2004 Foi a primeira edición que o festival saía do pub Bule Bule para celebrarse na discoteca Vulcano (antigua Mikro), e actuaron Biscuit (de Barcelona) e Fortune Tellers (de Madrid) entre outros.
  • 2005 O festival volvía ao Pub Bule Bule, con Niño Y Pistola e a banda de Glasgow Cosmic Rough Riders (grupo que chegou a telonear a bandas como U2, Ocean Colour Scene, Stereophonics ou Paull Weller). A noite do concerto da banda escocesa, tamén estivo poñendo música Nonito Pereira fillo.
  • 2006 Primeira edición na Cervecería Dublín, con Meu e o Roy loney (emblemático cofundador dos americanos Flamin Groovies) con the Longshots. Esta edición non poideron actuar Los Chicos,que tamén estaban confirmados.
  • 2007 Los Chicos,The Pirates, La Granja e The Right Ons (banda que actuou en festivais como paredes de Coura ou en Austin).
  • 2008 The Meows, The Loveless Cousins e Ben Vaughn.
  • 2009 Cooper.
  • 2010 The MIttens e Micky y los Colosos del Ritmo.
  • 2011 Barrence Withfield and the Savages e The Wellingtons.
  • 2012 John Paul Keith e The Breakdowns.
  • 2013 Javier Escovedo, carismático cantante e guitarrista da banda de punkrock dos 70´s The Zeros.
  • 2014 King Salami & Cumberland.
  • 2015 Os londinenses The Bevis Frond co carismático Nick Saloman.
  • 2016 Dende París, Shaggy Dogs e o londinense Vic Godard dos Subway Sect (primeiriza banda de punk e postpunk). Vic Godard chegou a actuar na famosa sala The Hacienda de Manchester.
  • 2017 Sulk, Biznaga, Colorama (o seu líder Carwyn Ellis, estivo de xira con The Pretenders ós teclados) e MFC Chicken co gran Spencer Evoy.
  • 2018 Futuro Terror, os portugueses The Parkinsons e de novo Cooper (moi querido no festival).
  • 2019 Dende Xapón, Gutara Kyo.
  • 2020 Os portugueses Birds Are Indie.

 

 

#SOANDOCONFORZA

comentarios