Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O podcast, protagonista da 9ª edición do Carballo Interplay

A Zona Pro do Carballo INterplay
A Zona Pro desta edición do Carballo Interplay será dedicada ao Podcast
O podcast, protagonista da 9ª edición do Carballo Interplay

Xa o ano pasado compartiron protagonismo coas redes. Pero nesta edición do 2022, o podcast será máis protagonista que nunca do Carballo Interplay, o Festival de Contidos Dixitais máis importante do estado.

O festival dirixido por Sonia Méndez vai debullando o programa da súa 9ª edición, que se desenvolverá do 6 ao 9 de abril no Pazo da Cultura. O gran obxectivo marcado é “facilitar o diálogo e fomentar alianzas entre creadoras/es, productoras e plataformas de Galicia e España co obxectivo de favorecer a creación de proxectos conxuntos”. Por iso, unha das accións máis importantes será o da Zona PRO, xornada para profesionais de todos os eidos e para a que xa se pode solicitar a acreditación gratuita neste formulario, antes do 28 de marzo. Haberá presentacións (con xentes como Jesús Blanquiño, xefe de proxectos de Podium Podcast, Marta Salicrú, directora de Radio Primavera Sound, e Tania Fernández Lombao, xefa do Servizo de Xestión Operativa de Programas de Radio Galega) e debates na mañá do venres 8 de abril, e pola tarde crearase un punto de encontro para que creadoras/es, empresas productoras e plataformas de podcast de Galicia e de España contacten e intercambien ideas para posibles proxectos e colaboracións futuras.

O papel do podcast será central, dando conta de que 1 de cada 3 españois xa é consumidor habitual desta clase de formato dixital. “A profesionalización do podcast” será unha das mesas. Falarase de ficción sonora con Ana Garriga e Carmen Urbita, productoras do podcast Las hijas de Felipe; Manuel Bartual, director, escritor e guionista detrás dos podcast Biotopía e Santuario, e Carmen Pacheco, creadora e guionista tamén de Santuario.

A última hora da mañá, terá lugar o encontro “CREA feat Podgalego”, afondando sobre a importancia do traballo sonoro na arte e reflexionar sobre a importancia do son e a imaxe nunha conversa con diferentes profesionais da palabra e da música.

Volve o Campamento Kamikaze

O Interplay levará a cabo esta experiencia audiovisual kamikaze no Raz Surf Camp os días 4, 5 e 6 de abril, en horario intensivo de 9h a 21h. As 24 persoas que participen no taller enfrontaranse ao reto de idear, grabar e postproducir capítulos de serie Dinosaurio que se estrearán no festival acompañadas por profesionais do sector audiovisual galego coma Xulio Abonjo, Gon Caride, Laura Doval, David Fidalgo, Marcos Nine ou Irene Pin. As persoas que queiran vivir esta aventura audiovisual extrema pódense preinscribir, antes do 21 de marzo, a través deste formulario de inscrición

Novas do Carballo Interplay

Comentarios