Xoves. 02.05.2024
El tiempo

As traballadoras do SAF de Carballo volven as rúas

Concentracion en Carballo das traballadoras do SAF
Concentracion en Carballo das traballadoras do SAF durante o pasado mes de novembro
As traballadoras do SAF de Carballo volven as rúas

Volven ás rúas as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Carballo. Tras varios meses de calma tensa tras meses de mobilizacións e mesmo folga, este xoves, 13 de abril realiazrán unha marcha que partirá ás 11 horas das oficinas da empresa (Rúa Perú, 2) e rematará na Praza do Concello. 

Unhas mobilizacións para exixirlle á empresa adxudicataria, FEPAS, que de inmediato aplique a suba salarial correspondente ao IPC real, tal e como estabelece o convenio colectivo.

Lembran dende a CIG que "Fundación para el estudio y la promoción de la acción social" (FEPAS) entrou no SAF de Carballo en xaneiro deste ano cun contrato polo que recibirá 1.8 millóns de euros ao ano. "A empresa comezou a prestar os servizos aplicándolle ao persoal as táboas salariais correspondentes a 2022", sinalan dende o sindicato.

Mais unha vez coñecido o IPC final de 2022, a empresa tería que proceder a actualizar os salarios un 5,7% (IPC real), tal e como estabelece o artigo 9 do convenio colectivo. Porén, a pesar das demandas neste sentido trasladadas polas delegadas do persoal e a CIG, "FEPAS non quere comprometerse a materializar o incremento na seguinte nómina nin a marcar os prazos para o abono dos atrasos xerados dende xaneiro", denuncia Martín Caamaño, responsábel da CIG de Carballo. "Non imos renunciar ao incremento dos salarios ao que temos dereito para que unha empresa privada siga engordando os seus beneficios a conta de explotarnos", sinalan e non descartan intensificar as mobilizacións nas próximas semanas.

Neste senso, Caamaño tamén insta ao Concello de Carballo, como responsábel do servizo, a que garanta o cumprimento da lexislación vixente.

ARQUIVO SOBRE A FOLGA DAS TRABALLADORAS DO SAF

 

Comentarios