As traballadoras do SAF volveron levar as súas reivindicacións polos concellos de Bergantiños

08:27 25/11/22
Nin un paso atrás dan as traballadoras en folga indefinida do Servizo de Axuda no Fogar. Esta semana, e en convocatorias realizadas polas CIG-Servizos, as traballadoras das comarcas Bergantiños-Costa da Morte, levaron ás rúas de Ponteceso (luns), Cabana (o martes), Malpica (mércores) e Carballo (xoves), a súa loita por un convenio digno.
Realizaron concentrancións ás portas dos Concellos e en Carballo realizaron tamén marcha polas rúas, a golpe de silbatos e arengas.
Seguen denunciando que CCOO e UGT “nos venderon”, pero que non cesan na loita por conseguir un convenio que satisfaga as demandas de calquera traballadora.
Arquivo sobre a Folga das traballadoras do SAF
- As traballadoras do SAF seguen outra semana máis nas rúas para reivindicar un convenio digno.
- 09-11-2022: “Así, así, nin un paso atrás, Folga, Folga, na Axuda no Fogar”.
- 07-11-22: As traballadoras do SAF continúan a súa loita con manifestacións en Santiago e Muxía.
- 04-11-22: As traballadoras do SAF levan as súas demandas aos Concellos de Carballo, Laracha e Vimianzo.
- 03-11-22: As traballadoras do SAF en folga concéntranse polos concellos de Bergantiños.
- 02-11-22: As traballadoras do SAF e as do Consorcio de IeB, en folga.
- 26-10-22: As traballadoras do SAF de Bergantiños únense contra o preacordo da vergonza.
- 24-10-22: As traballadoras do SAF de Cee rexeitan o convenio acordado polos seus sindicatos.