Modesto García Quintáns enche con 8.000 topónimos dumbrieses á plataforma Galicia Nomeada

Que alegría nos dá ver o recoñecemento que a Xunta vén de realizar ao noso benquerido Modesto García Quintáns. Ten compartido con nós ducias de artigos sobre o patrimonio da Costa da Morte, nomeadamente de Dumbría, e tamén vén de compartir toda a súa sabedoría coa plataforma Galicia Nomeada.
Ese espazo onde a sociedade pode compartir os topónimos e microtopónimos das súas aldeas, das súas parroquias, dos seus barrios, que vén de sumar 8.000 microtopónimos gracias ao compromiso de Modesto.
Ata o entro Social de Dumbría se desprazaron secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, para destacar a importancia do seu traballo para “fortalecer a identidade e o sentido de pertenza de toda Galicia”, e “para preservar a cultura e patrimonio de Galicia”.
Deste modo, ficarán preservados e dispoñibles para a súa consulta e investigación nomes de pedras de Dumbría como O Petón da Lagoa, O Petón das Cruces, O Petón do Pobre, O Petón das Porcarizas, A Pedra vixía, A Pedra Arada, A Pedra Furada, A Pedra dos Porros, Pedra Abrigueira ou Pedra Ventosa; de monumentos prehistóricos como o petróglifo da Pedra Ancha ou as mámoas do Baíño, da Lomba e de Cabernalde; e nomes de terras como O Prado da Misa, O Fial da Grúa, A Portela da Loba, As Gatiñeiras, Os Vaos Anchos e A Cova da Meda.
Unha vida traballando no territorio
Funcionario do Instituto Xeográfico Nacional, logo de exercer en Valladolid, a finais dos anos 70 Modesto García Quintáns incorporouse á nova delegación galega da entidade dependente do Goberno de España, con sede na cidade da Coruña. O seu traballo consistía fundamentalmente en percorrer Galicia para actualizar o rostro do país contando cos últimos avances do momento na especialidade. “Traballei moito na rede xeodésica, na instalación dos puntos nos montes que permiten logo trazar a cartografía, e tamén na actualización do mapa topográfico de Galicia”, recorda o enxeñeiro, que foi distinguido polas súas achegas nese período coa Cruz de Oficial da Orde de Isabel A Católica.
Pero alén das súas obrigas laborais, consciente das equivocacións cos nomes das agras e leiras que se adoitaron producir nos rexistros para o Catastro e a concentración parcelaria, Modesto comezou a recoller e xeorreferenciar os microtopónimos do seu concello natal, contando coa veciñanza como informante. “Doíame moito ver como no proceso da concentración parcelaria se puñan os nomes na cartografía sen ton nin son, con formas mal recollidas e tamén fóra da súa situación real. Nos mapas daqueles tempos un rótulo dun nome longo podía tapar uns lindes e non era raro que o delineante acabase movéndoo sen xeito. Á escala, uns centímetros poden ser centos de metros. Cando se expuña todo para as reclamacións, os veciños non se fixaban nos nomes, só nos ferrados, e por iso hoxe nos planos do Catastro hai tantos erros”, conta.
Prácticas deste tipo explican –comenta como exemplo– que se lle estea a chamar Chan das Lagoas ao alto no que se instalou o radar de seguimento marítimo do Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Fisterra, a 530 metros sobre o nivel do mar, nun lugar “que nin é nin foi chan, nin ten lagoas”.
Ao se xubilar en 2008, a atención que sempre lle prestara ao territorio da súa infancia e ás súas manifestacións culturais intensificouse. Modesto comezou a percorrer metro a metro todas as aldeas de Dumbría de maneira sistemática para completar o seu mapa topográfico, recollendo milleiros de nomes de leiras ou regos, mais tamén de muíños, hórreos ou túmulos prehistóricos. En ocasións estas saídas realizounas coa compaña do historiador Fernando Alonso Romero, interesado no patrimonio arqueolóxico, e completou a información recollida oralmente con abondosa documentación consulta en bibliotecas e arquivos, repasa o topógrafo, que en 2009 publicou un libro sobre a historia, as tradicións e os costumes do concello de Dumbría que agarda reeditar.
Nomes das casas de toda a veciñanza
A base de datos que o topógrafo e divulgador lle cede á RAG contén ademais os oicónimos de Dumbría, os nomes das casas do municipio polos que eran coñecidos sos seus habitantes. “Este traballo fíxeno nos anos 60. Cando se instalou o teléfono en todas as aldeas do concello, Telefónica publicou unha listaxe cos nomes e apelidos dos veciños, pero a xente coñecíase entre si sobre todo polos nomes das casas. Daquela eu completei esa lista cos alcumes familiares e rexistrei nun plano as coordenadas de cada casa”, detalla.
A súa é a Casa dos Modestos. “Chámase así polo meu avó. Emigrara ao Brasil e regresou con certa posición económica. Daquela pedíanlle moito que apadriñase cativos, que sempre se chamaban Modesto, coma min. Se cadras con algún Modesto en Dumbría, algunha relación coa miña familia ha ter”, comparte.
Modesto García Quintáns foi en todo caso un rapaz de aldea: “Son fillo de labradores. Cando era estudante tiña que ir igualmente coas vacas ao prado ou a apañar a herba”. Un fillo da terra onde medrou que hoxe, aos seus 82 anos, agasállaa coa inmortalidade para un dos seus tesouros máis prezados.
NOVAS DE MODESTO
OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO”
- As cancelas do lugar do Ézaro. De mediados do 1800 aos finais do 1900
- O río Castro nas imaxes de satélite modernas
- Penas Sacras polo territorio de Dumbría.
- O Marco do Couto e O Vakner no concello de Dumbría.
- A primitiva capela de San Antoniño de Brens.
- O Calendario dos artegos.
- A pedra do Encanto de Olveiroa.
- Os muíños fariñeiros en Dumbría.
- O Cruceiro do Alto de Gures.
- Muíños Hidráulicos no Concello de Cee.
- Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio.
- Ano 1902: Consternación na comarca de Fisterra ante a catástrofe no Ézaro.
- Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio.
- O Modesto Patrimonio: O Cruceiro de Rebordelo,
- Demografía no Concello de Dumbría.
- A Bandeira do Concello de Dumbría.
- A fervenza de Miñóns de Buxantes.
- A Central Hidroeléctrica de Buxán de Dumbría.
- O escudo de Dumbría.
- Os Pasales, a barreira natural do paso sobre o Río Xallas.
- A Casa da Pedra do Ézaro.
- O muíño fariñeiro máis antigo documentado no Concello de Dumbría.
- Memoria histórica lingüística (toponímia) e etnografía do Concello de Dumbría.
- O Cura Rioboo de Berdeogas.
- O Balcón da Costa da Morte.
- As antigas cancelas e e corredoiras de Dumbría
- O Hórreo na Comarca de Fisterra.
- A hidrografía no concello de Dumbría.
- A Ferigresía de Refoxos.
- A Ruta de Pallares.
- Muíños do Río da Lagarteira (II).
- Muíños do Río da Lagarteira (I).
- Un paseo á Ermida das Neves de Buxantes.
- O caserío dO Cotelo de Olveira.
- O Cemiterio de Buxantes.
- A Santiña de Trasufre.
- O Castro de Alvarellos de Berdeogas.
- Lugas de Castrelo, Colúns.
- A Capela de San Marcos do Logos.
- Os muíños do Rego de Quenxe.
- Por que lle chaman as Caldeiras do Castro?:
- Semellanza dos nosos muíños fariñeiros cos canarios.
- Os muíños da nosa comarca.
- Recordando o día máis angustioso de Xesús.
- As varas: As antigas unidades de medida.
- Recordando algo da historia da parroquia de Berdeogas.
- A hidrocentral “Electra del Jallas”.
- O 50 aniversario do Encoro da Fervenza.
- A igrexa parroquial de Dumbría.
- Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión.
- A escola de Dumbría.
- Reparación do piso e do teito da Igrexa de Buxantes.
- O Dolmen da Pedra da Arca.
- A Cabana da palla do millo.
- Apañar o mato en primavera.
- A Ponte de Canelas en Dumbría.
- O arado de madeira ou tamén chamado romano.
- O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira.
- Memoria Histórica de Buxantes – Muíño da Fonte Santa.
- O Castro de Castromiñán.
- O lugar de Quenxe.
- A Igrexa Parroquial de Buxantes.
- A Igrexa Parroquial da Ameixenda.
- O Bico do Santo en Carnota.
Patrimonio Pindexo
- Monte do Pindo, o remedio natural para rebaixar o colesterol.
- O Modesto Patrimonio: Subida ó Pico de Peñafiel do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A toponimia do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: O topónimo: O Pindo ou Monte Pindo?.
- O Modesto Patrimonio: Explorando a toponimia dos camiños do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Furna do Río da Barco.
- O Modesto Patrimonio: Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cova da Pendente do Monte Pindo.
- O Modesto Patrimonio: Os muíños do Monte do Pindo.
- Con Pepe do Fieiro redescubrindo os tesouros do Monte Pindo.
- Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 0).
- Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.