Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Visibles falando do que ninguén fala: Menopausia en positivo

Xornada sobre sexualidade con Visibles
Xornada sobre sexualidade con Visibles
Visibles falando do que ninguén fala: Menopausia en positivo

Segue a Asociación Visibles falando en alto sobre asuntos que levan sendo silenciados toda a vida. A entidade trata con claridade asuntos como a sexualidade, o pracer e o desexo, como o evento que artellou esta pasada semana en Lugo con pontens como Carol Strate (xinecóloga e sexóloga), Natalie Esteve (ioga feminino) ou Catalina Rodríguez ( acuarelista).

A vindeira acción que vai levar a cabo na Costa da Morte terá lugar este sábado 19 ás 16:00h no Espazo Calma Yoga. Trátase dun taller gratuito sobre os Coidados en positivo arredor da Menopausia.

Se a mesma Carol Strate a que poña sobre a mesa “a falta de recursos de apoio, a desnaturalización e a degradación cultural e social cara este ciclo vital das mulleres fan que vivamos a menopausa como unha experiencia negativa e contraria o que debería ser”. Pon de manifesto que “chegar a esta etapa de cambio, na que esperamos pasar máis dun terzo das nosas vidas, pode parecer como asomarse ó baleiro. Ignorancia, mitos, tabús e un halo escuro rodea ó climaterio”.

Por iso, an tidade vaise mergullar neste asunto para facer unha reflexión en común deste salto.

Podes reservar a túa praza no 687996633.

Xornada sobre menopausia con Visibles en Carballo

Novas relacionadas

Comentarios