3 premos para a Costa da Morte nuns Mestre Mateo con sabor a Pico
Coma sempre, tremendamente emotiva e reivindicativa a gala que armou a Academia do Audiovisual Galego para os Premios Mestre Mateo 2014. Cun público tremendamente participativo, e cun Roberto Vilar simpátiquísimo na dirección da mesma, os premios do cine e da televisión galegos viviron a súa festa anual. Unha festa, que este curso, como os María Casares, tiveron a súa homenaxe centrada no bo de Xosé Manuel Olveira “Pico”.
Miguel de Lira e "Somos gente honrada"
Foi "Somos gente honrada" a protagonista da gala, con 6 premios. Uns premios que tamén tiveron sabor costeiro. Foron varios os premios con denominación costeira. De feito, o actor carnotán Miguel de Lira recibíu o premio de Mellor Interpretación Masculina pola longa de Vaca Films e El Terrat, mellorando o seu premio de 2011 polos Crebinski e superando ao mazaricán Federico Pérez Rey, que optaba ao premio por Era Visto.
Precisamente Era Visto, a serie de Aira Pro tamén con raíces costeiras, levou o premio a Mellor Serie TV, e o premio á Interpretación feminina de reparto, para Isabel Risco, que fixo un discurso reivindicativo e emocionante:
Unha xalleira recollendo premio
E foi a de Santa Comba, Isabel Blanco, unha das caras máis coñecidas da televisión galega, a que levou o premio pola Interpretación feminina protagonista, polo seu papel da monxiña “Inma” en “Todos os Santos”.
Costa da Morte de Lois Patiño
E segue Lois Patiño recollendo premios pola súa documental “Costa da Morte”. Que recorrido e que ben lle está a facer a bisbarra este documental, xa nomeado Mellor Documental galego do 2013. Un premio que chega despois de vencer o Play Doc esta mesma semana.
Homenaxe a Pico
O desaparecido actor Xosé Manuel Olveira "Pico" foi protagonista da gala grazas á homenaxe que lle rendeu a Academia Galega do Audiovisual nos Mestre Mateo recuperando algunhas das imaxes máis populares da extensísima carreira do actor. A homenaxe recuperou a "Pico" na súa dobre condición de actor e cantante. Xunto coa imaxe do actor cantando saíron ao escenario unha representación dos intérpretes que traballaron co finado actor. Os actores completaron a interpretación de A andoriña. Ademais da lembranza de "Pico", os Mestre Mateo homenaxearon tamén ás tres películas galegas estreadas hai agora 25 anos, Sempre Xonxa, Urxa e Continental.
Novas relacionadas
- A Costa da Morte estará nos #MestreMateo14.
- Os MaríaCasares convertíronse nun furancho por Pico.
- #MaríaCasares13: Os mellores actores de Galicia son da Costa.
- “As Cantareiras de Ardebullo naceron sendo de Verdillo”.
- #MestreMateo11: Os Crebinski triunfan nos Mestre Mateo.
- Lois Patiño: “A Costa da Morte ten unha enerxía especial”.
- Xosé Touriñán: “Sempre que podo veño airear a cabeza á Costa da Morte”.
- Touripartido en Mazaricos.
- Santi Romay necesita “Clases de lo Social”.
- Un vimiancés toma o relevo dun ceense na directiva da Asociación de Actores e Actrices.
- 4 actores da Costa da Morte invanden a gran pantalla cunha Personal Movie.
- Entrevista con Santi Romay, un malpicán en todos os “fregaos”.
- Redacción de QPC ([email protected]).