A Neria únese á reivindicación do Parque Natural Monte Pindo
Continúa recadando apoios a iniciativa por un Monte Pindo Parque Natural. Tralo achegamento da Xunta de Galicia agora son os 17 Concellos da Costa da Morte que engloba a Asociación Neria os que se unen á reivindicación conservacionista.
A entidade supramunicipal tamén confirmou a asistencia á Manifestación do 14 de abril.
Valoran moi positivamente dende a Asociación MPPN a adhesión da Neria, "cuxo maior contributo sexa, tal vez, axudar a visibilizar a dimensión galega e comarcal do Monte Pindo". Inciden ademais que "supón un impulso histórico e -agardamos- definitivo á declaración de Parque Natural do Monte Pindo, e asi esperamos que o entenda a Consellería de Medio Ambiente de Agustín Hernández".
A esta adhesión únese á corroborada pola Asociación O Patín de Carnota, demostrando unha vez máis o compromiso da veciñanza coa proposta.
Denuncia en Quilmas contra Stolt Sea Farm
Paralelamente, este vindeiro venres 2 de marzo ás 12h no local nacional de ADEGA, ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio de Quilmas darán a coñecer os pormenores da denuncia apresentada contra a empresa Stolt Sea Farm por delictos contra o medio ambiente. I é que o xulgado de Corcubión vén de admitir a trámite a denuncia penal presentada por ambos colectivos contra a multinacional.
Novas relacionadas
- Roteiros homologados na Costa da Morte?.
- A Xunta dá un paso adiante cara á declaración do Monte Pindo como Parque Natural.
- Dumbría apoia a manifestación do Parque Natural Monte Pindo que partirá da Fervenza do Ézaro.
- A Costa da Morte manifestarase o 14 de abril por un Monte Pindo Parque Natural.
- O Monte Pindo non será parque natural…por agora.
Máis novas
- A Xunta aproba os 3 novos saltos no río Xallas.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Un ano de recollida de sinaturas a prol da declaración do Monte Pindo como Parque Natural.
- Da perfecta sintonía entre o Río Xallas e o Monte Pindo.
- II Simposium Monte Pindo: Por que temos que coidar o Monte Pindo?.
- Un Parque Natural case centenario.
- Unha poesía inédita de Vicente Risco e Otero Pedraio sobre o Monte Pindo.
- Que fai unha pedra de “lapislázuli” no Monte Pindo?.
- Subindo, en bici e en primeira persoa, á Moa.
- Monte Alto conquista o Monte Pindo.
- Descobren un terceiro castelo no Monte Pindo formando unha gran fortaleza amurallada.
- Poemas para o Monte Pindo.
- Atacan con pintura a excomuñón de Penafiel no corazón do Monte Pindo.
- Fotodenuncia: Pintadas no Monte Pindo.
- Recuperando a historia da Ermida do Monte Pindo.
- A bitácora da semana (CXXXIII): Laberinto Atlántico.
- III Encontro Monte Pindo: O Monte Pindo disfrutou dun Encontro con historia, música, gastronomía e deporte.
Outras novas
- Concello e Comunidades de Montes de Carnota toman nota dos coidados do Monte Cabalar na Estrada.
- Carnota tamén quere ampliar os seus horizontes no seu agro.
- Carnota revive o seu agro.
- A Raínha Lupa revive cun Mercado Ecolóxico en Quilmas.
- Os dirixentes aprenden o significado da sustentabilidade nas Aulas Costa da Morte en Carnota, Laxe e Zas.
- Carnota custodia o territorio.
- Especialistas internacionais introducirán a construción ecolóxica na Costa da Morte.