Abidismur celebra o seu 1º Festival Benéfico
09:38 16/12/10
Impresionante o traballo da Abidismur, a Asociación de persoas con discapacidade da bisbarra de Muros. Unha entidade que traballa pola in tegración social, como o fan a Aspadex e Apem na comarca de Fisterra e a Asociación Íntegro na zona de Bergantiños.
Pois na Abidismur están preparando o I Festival Benéfico, coa colabaoración dos concellos de Carnota e Muros. Haberá unha actuacion teatral dos usuarios do Centro de Valadares. E ademais, poderase disfrutar da actuacion msical da Escola Música de Carnota, sempre atenta a actividades solidarias.
A cita será este venres 17 de decembro na Casa da Cultura de Muros a partir das 18:00h. A entrada custa 5 €uros (incluidos 2 números para o sorteo dunha cesta).
Novas relacionadas
- Abidismur forma e contrata xardineiros.
- Muros coñece as comunidades do Ártico de comezos do século XX.
- Aspadex e Apem culminaron o seu encontro coa vela.
Fonte
- Concello de Muros.