Venres. 26.04.2024
El tiempo

Adhara & Ritman asaltan A Coruña

adhara caamaño
Adhara & Ritman asaltan A Coruña

Xa coñecemos ese emocionante “Por elas” dende hai 2 anos, pero na Coruña aínda queda xente sen vibrar coa garra da Cuncheira de Sofán. Poderán facelo o vindeiro sábado 20 de novembro, xa que a banda Adhara & Ritman actúa na Sala Filomatic.

A banda da carnotá Adhara Caamaño, inspirada nas raíces do folk galego, blues e reggae, por fin pode sacar á rúa ese segundo traballo, despois de que a pandemia lles impedise ensinalo como merece.

Tras ser finalistas no Xl Concurso de Fran Pérez Narf e gañadoras do XXI Concurso de bandas de Cuac FM, despois de actuar nas principais salas galegas como a Sala Capitol, Sala Garufa ou Sala Mardigrás, e ademais de formar parte de varios festivais con renome como o son o Festiletras, e a Primavera de Cultura (Lisboa), Adhara & Ritman volven a asentar e reafirmar o motivo da súa gran traxectoria co seu novo disco.

Disco Por elas de Adhara e Ritman

”Por elas” é un traballo producido, gravado e editado integramente en Kress Music Studio, dirixido polo propio batería da banda Arturo Kress e composto por Adhara Caamaño e Tito Barbeito. Un disco formado por 9 cancións no que a figura da muller galega asume o rol de protagonista. Un traballo inspirando principalmente na figura de Rosalía de Castro e na tradición folclórica popular galega que saíu á luz o pasado ano e xa ten fecha de presentación oficial. Un disco que asegura que “vai adicado a todas esas persoas que forman parte d´esta gran familia”, debe ser presentado como ben o merece na cidade natal para o seu público máis fiel. A imaxe de Viki Rivadulla dá conta da potencia do álbum

A velada terá lugar na máis que coñecida Sala Filomatic o vindeiro sábado 20 de novembro, na que a apertura de portas será as 22:00h e as entradas poderanse conseguir na propia entrada do local.

Novas de Adhara

Máis novas musiqueiras

Comentarios