As causas dos incendios, obxecto do documental "Queimar o Monte"

08:50 02/10/13
Este mércores estréase na TVG2 o documental Queimar o monte, documental de Walkie Talkie Films que investiga as causas dos incencios forestais en Galicia e que foi realizado polos ourensáns Emilio Fonseca e Uxía Buciños durante o ano 2012.
A cinta analiza o por que dos incendios forestais en Galicia, tanto as causas estruturais como as principais motivacións dos incendiarios que os provocan. Máis de 150.000 incendios nos últimos trinta anos teñen queimado unha superfície equivalente a terceira parte de Galicia.
"Os incendios son o principal problema ambiental de Galicia e o reflexo máis escuro da relación conflitiva que a sociedade galega mantén co seu monte", apuntan a productora deste documental nun comunicado que apuntan que o morte arde en Galicia desde hai varias décadas "sen que pareza producirse unha resposta clara, nin dende o estado nin dende a sociedade, que poña freo a esta desfeita".
Os protagonistas
O documental Queimar o monte percorre distintas zonas de Galicia moi afectadas polos lumes entrevistando a biólogos, sociólogos, historiadores, fiscais, investigadores do SEPRONA e a policía, axentes forestais, ecoloxistas, gandeiros, agricultores, comuneiros e veciños de zonas afectadas para tratar de obter respostas ao porqué de tantos incendios. Nel aparacen zonas e persoas que, tristemente, estiveron de actualidade este verán por sufrir graves incendios. Así, no documental aparecen gravados O Pindo (coa Asociación Monte Pindo Parque Natural) e Lira (cun cabreiro do lugar), O Barbanza, as Fragas do Eume, O Courel, O Macizo Central Ourensán, O Xurés, A Estrada, Valdeorras, Cotobade ou A Cañiza. A cinta emitirase na noite deste mércores na TVG-2 ás 23.55, nunha franxa horaria de escasa repercusión a pesares de ser un problema de primeiro orde en Galicia nas últimas semanas.Novas sobre incendios
- 29-09-13: Medio millar de bravos berran en verde por un Monte Pindo Parque Natural.
- Hermanager Humor: O lume de ouro.
- Unha mirada ao futuro do Monte Pindo. E agora que?.
- Novo berro de auxilio dende Quilmas.
- A AMEGA, en contra da devastación dos nosos montes.
- 18-09-13: Saltan as muxicas da crispación arredor do Monte Pindo.
- 16-09-13: A Comunidade de Montes de Caldebarcos e a Cooperativa de Quilmas alzan a voz dende a terra queimada.
- 15-09-13: Existe unha verdadeira investigación policial sobre o incendio?.
- 14-09-13: Acabou o inferno. Toca traballar na recuperación, reflexionar e investigar.
- 14-09-13: O lume máis devastador chega ao Ézaro mentres o pobo se fractura.
- 13-09-13: Continúan as lapas ameazando o Pindo e ao Ézaro cando chegan as primeiras reflexións.
- 12-09-13: Un incendio arrasa o Monte Pindo e obriga a desaloxar varias aldeas de Carnota.
Novas relacionadas
- Manifestación 2012: Un berro polo Parque Natural no Monte Pindo Xa!.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nova do xornal colaborador GC.
