![caldebarcos]()
A vila carnotá de Caldebarcos vai homenaxear o vindeiro xoves, 21 de xullo, ás
Lanchas do Xeito. O recoñecemento será especial para
Francisco de Lado, carpinteiro e construtor de embarcacións . I é que ao longo da súa vida deu toda a información que permitiu construir a Nova Marina a partir da Marina, a última lancha viva de Galicia e que se recuperou en Caldebarcos antes de que se desfixera completamente nas marismas de Caldebarcos. Asemade, descubrirase unha placa conmemorativa no entorno da Fonte Vella, porto natural de Caldabarcos.
Programa
A cita comezará ás 19:00h coa inauguración da exposición Mar ao xeito e coa entrega do pergameo a Francisco de Lado. Nela intervirán Víctor Fernández, presidente da FGCMF, Pablo Carrera, director do Museo do Mar de Vigo, Luis Rei, director da revista Ardentía da FGCM e Ramón Noceda, alcalde de Carnota.
Ás 19:45 presentarase o libr Tamén navegar, unha presentación na que intervirán Francisco Fernández Naval Chisco, responsable da edición, e os poetas Carlos Arias, Modesto Fraga, Alexandre Nerium e Miro Villar.
Ás 20:20h descubrirase a placa conmemorativa do vixésimo aniversario da recuperación da Marina e por último, ás 21:00h haberá unha sardiñada. O acto estará presentado por Lela da Fontevella e o seu fillo.
Colaboran o Museo do Pobo Galego, o Concello de Carnota, as Confrarías de Lira e O Pindo, e a A.C. Canle de Lira.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa da man de César Cambeiro Quintela.