Degustando as raíces do mar dende a Confraría do Pindo
Xa estamos en plenas X Xornadas de Pesca da Confraría do Pindo. “Seguindo a remar” é o lema deste ano, dnhas xornadas que non se poden perder, cunha programación completísima con charlas, poesía, fotografía, pintura, degustación de tapas, etc…
Estes días xa andan os cativos disfrutando de saídas deportivas e culturais, facendo cestos , cuns obradoiros literarios ou de reciclaxe. Pero o groso das xornadas arrinca este venres 26 de xuño e remata o domingo.
Exposicións, mesas redondas, proxeccións, recitais, actuacións musicais, degustacións… Un combinado perfecto para degustar todo o que sabe a mar dende o pósito carnotán do Pindo.
E serán verdadeiros nomes propios os que falen polo mar como Chisco Fdez. Naval, Marta Dacosta, Alexandre Nerium, Miro e Rafa Villar, Xosé Iglesias, Víki Rivadulla, Mónica Góñez, María del Mar Llinares, Manolo Souto, Alfredo López, David Trillo, David Martínez Bau, Fernando Siaba, Carmen Formoso, Daniel Fdez. Longueira. Milucho Louro, Antonio Ayut. Fátima Rodríguez… Tendes todo na completa programación das Xornadas
Todo de balde, só fai falta inscribirse para que a intendencia sexa a máis acorde co número de persoas presentes.
Máis información
Máis información e inscricións (ata o día 26 de xuño): 981 764 815, [email protected], e www.pindomarino.org.Novas relacionadas
- Programa Xornadas 2015: 10 anos seguindo a remar dende o Pindo.
- Unha visita escolar ao mar do Pindo.
Xornadas de Pesca do Pindo
- 2013: O Pindo botou outra ollada ao seu mar cunhas doces e poéticas Xornadas.
- 2012: O mar fundiuse de recordos nas Xornadas de Pesca do Pindo.
- 2011: O Pindo declaroulle o seu amor ó mar a pesar de todos os problemas no sector.
- 2010: As baleas tomaron O Pindo .
- 2009: A vida volta ao mar dende O Pindo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).