Martes. 16.04.2024
El tiempo

As interminables incidencias das familias do CEIP de Carnota co transporte escolar

Buses escolares en Carnota
Imaxe dun dos buses de Monbús ladeado nunha das rutas escolares de Carnota
As interminables incidencias das familias do CEIP de Carnota co transporte escolar
Que os horarios do colexio xa estean postos en función das rutas de bus xa é unha clara demostración da trampa que supuxo o Plan Integrado de Transporte. Xa o ano pasado ademais das graves problemas vividos en Mazaricos co transporte escolar, tamén as as familias de Carnota tiveron moitos problemas para ir aos IES de Muros e Cee.

Problemas que continúan neste curso, neste caso coa rapazada do CEIP Plurilingue de Carnota. As familias levan dende comezo de curso denunciando retrasos nos autobuses, que xa veñen de realizar as rutas de Muros ou Lariño, e que provocan retrasos diarios de 20 minutos ou ata media hora para chegar ao cole. Unha circustancia que provoca que no cole non poidan realizar exames a primeira hora, por exemplo. Pero é que tamén á volta é complicada e moitos días un dos autobuses ten que facer unha doble ruta provocando que os nenos tarden ata 45 minutos (de 14:45 a 15:30h) en facer os 4-6 km que hai entre o centro e as vivendas.

“Se xa é dificil conciliar cun horario escolar que empeza ás 9:45h, imaxínate se o bus tarda 20 minutos”, sinala Amparo Pedrosa presidenta da ANPA San Gregorio. “Como pode facer unha familia para conciliar? E cando non vai tarde, volve tarde… e xa levamos 2 meses de cole con problemas practicamente todos os días. As familias estamos fartas xa”, sinala moi cabreada despois doutra mañá de lea.

Incidencias

Porque ademais dos retrasos, son continuas as incidencias cos propios autobuses da concesionaria Monbús que as familias vén en primeira persoa ou que o centro avisa por Abalar (o sistema de comunicación entre os centros e as familias). “Un día o bus non pode vir porque está estropeado; hai días que lles chove dentro aos rapaces; semanas nas que só funciona unha das portas; días onde o bus vén cheo de latas de cervexa e vasos; outro día vemos o bus completamente ladeado… mesmo un día non funciona a porta e o monitor tivo que ir aguantándoa… Xa é un tema de seguridade”, denuncia. “Non sei se é que en Carnota somos o peor e nos mandan os peores autobuses, pero é que son un perigo para os nosos fillos”, pregúntase recoñecendo que moitas veces as familias nas paradas se organizan para levar en coche ás crianzas por non aguantar a eterna espera.

As familias, en colaboración coa dirección do centro, xa teñen realizado recollidas de sinaturas para denunciar, teñen falado coa Inspección, pero agora recorren á prensa para ver se hai alguén ao outro lado que tome decisións.

Novas relacionadas

Comentarios