Sábado. 04.07.2020
El tiempo

Juan Manuel Saborido: "Estamos traballando en dous posibles proxectos para darlle vida á rectoral de Carnota"

Este mediodía de xoves 18 de xuño, no marco da rolda de alcaldes e alcaldesa da Costa da Morte que facemos nos #DirectosQPC, falamos con Juan Manuel Saborido “Moma”, alcalde socialista de Carnota, dende o pasado 2019.
Juan Manuel Saborido: "Estamos traballando en dous posibles proxectos para darlle vida á rectoral de Carnota"

Falou para a cámara do seu ordenador longa e distendidamente a pesar de non ser moi apaixoado da tecnoloxía, e se amosou claro en moitos aspectos. Como no medo que pasou cando nas primeiras semanas ía vendo a afección en China e Italia ía tendo o covid19 nas persoas maiores, e a incerteza que eso xeneraba nunha zona envellecida como a nosa.

Ou tamén no positivo que se sacou de todo isto: a posiblidade real de teletraballar. “Houbo cousas que nunca dabamos sacado antes de setembro e que xa están listas gracias á que os funcionarios nas súas casas poden traballar ás veces mellor”.

Para saír da crise, e despois de manter contacto continuo cos membros da Asociación de Empresarios, ten comprometido que se o goberno central libera, polo menos o 50% do superávit paralizado pola Lei de Estabilidade Orzamentaria, o dedicará a axudar ás empresas e autónomos (son 180 no Concello) que tiveron que parar pola crise.

Turismo

Carnota é un dos Concellos que maior vivendas turísticas por habitante ten. Das 3.500 casas (hai pouco máis de 4.000 persoas), 1500 dedícanse ao turismo. Un dato que convirte a Carnota, con 25 km de litoral e unha praia de 7, nun destino ideal para estas vacacións.

Apuntou que si que vai haber un control de acceso ás praias da Raña e de Boca do Río (“artesanal”, con xente arriba e abaixo na entrada), para ir controlando o acceso. E que está traballando nun plan para que a xente que visita as praias de Carnota deixe máis cartos do que fai actualmente no Concello.

Valorou moi positivamente a iniciativa hosteleira de punta insua (Faro de Lariño) e recordou as súas xestións durante FITUR para que o Ministerio o aprobase. Sobre o proxecto de rexeneración da zona que tiña o goberno anterior, sinala que era demasiado amplo, e lle fixeron unhas modificacións (retirada da área para autocaravanas, unha pista de pádel e non dúas, derrubar o campo e facer unha caída paulatina con senda…) para montar un proxecto que a Deputación ten aprobado subvencionar por 170.000 e que só depende das administracións de arrriba (“coma todo o que se fai aquí”).

Política forestal

Houbo parada para falar sobre a polémica que está xerando a nova que saltaba hai unhas semanas dicindo que a Xunta ía talar 6.000 árbores no Monte Pindo. Explicou que se trata dunha faixa de seguridade, que a Consellería está realizando a petición municipal a través de SEAGA, para manter unha zona de 50 metros libres de carga forestal fronte as casas, unha medida que considera necesaria despois de tantos e tantos problemas cos incendios.

Tamén xerou polémica estes días as talas que se están desenvolvendo arredor do colexio, entre o Concello e o Centro de Saúde, ou no pavillón de Lamas de Castelo. “Non podemos estar facendo requerimentos para que a xente cumpla a lei e limpe as súas fincas e nós ter as municipais como auténticas selvas”.

A senda litoral

Falou longo sobre a senda litoral que debería unir o Monte Pindo coa Fervenza do Ézaro (chamálle o “ABC” na entrevista que manitñamos o pasado mes de xaneiro), e mesmo continuar ata Caneliñas, como os tres alcaldes/as involucrados lle solicitaron a Costas. Son proxectos de moitos millóns de euros que se cadra nunca teñen un momento ideal, pero aseguraron que van loitar por el.

Máis do mesmo sobre o mantemento das pasarelas de madeira do Pindo, de Boca do Río ou de Lira, que seguen agardando que o Goberno Central tome o mando. “Non pedimos tanto, só que se vexa que teñen dono”, explicaba Moma con cansanzo.

O mar

Sobre o mar, se ben valora que a Reserva Mariña dos Miñarzos foi unha cousa moi positiva para Carnota no seu momento, a día de hoxe houbo unha selección natural no sector, quedando moitos menos barcos, e hai unha maior conciencia do sector para coidar o seu medio.
Si que apuntou a súa preocupación pola subida da temperatura do mar, arredor de 1º nos últimos 30 anos segundo as medidas da propia piscifactoría de Lira, onde el traballou 20 anos.

Cabaseiras e Rectoral

Deixou patente que o Concello si que vai seguir facendo o mantemento das zonas, pero avanzou están traballando na adquisición da Rectoral de Carnota, pensando en dous proxectos, un de restauración e outro vencellado á Universidade. Aí queda!

Novas relacionadas

Rolda de alcaldes e alcaldesas nos DirectosQPC

comentarios