xoves. 07.11.2024
El tiempo

Máis charlas sobre a Lei de Augas polas parroquias de Carnota

Máis charlas sobre a Lei de Augas polas parroquias de Carnota

Continuando coa xeira de charlas informativas que xa se celebraron en San Mamede, Caldebarcos e Mallou, será agora Lariño quen acolla unha nova charla informativa do BNG sobre a Lei de Augas. Unha lei mediante a cal "a Xunta do PP pretende estabelecer pasadas as eleccións gravames por toda utilización da auga por parte dos veciños, mesmo os pozos particulares e as traídas veciñais", segundo denuncian dende o partido da oposición.

A charla informativa terá lugar no local veciñal de Lariño (a carón do cemiterio) o sábado 15 de xaneiro, ás 6 da tarde.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios