Marisol Piñeiro presenta a súa renuncia como Deputada tras unha nova sentenza do TSXG


Segue o curso do procesamento dos edís populares Marisol Piñeiro e José Oreiro pola suposta contratación "a dedo" dunha traballadora (é dicir, por suposta prevaricación) cando ambos eran teniente alcalde e alcalde de Carnota, respectivamente. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimaba onte o recurso de apelación interposto polos demandados.
Unha decisión que obriga a Marisol Piñeiro a renunciar á asúa acta de Deputada.
"Teño a cociencia mui tranquila e a cabeza mui alta. Todos os que me conocedes sabedes que para a miña casa todos estes anos o único q levei fui un sueldo, traballo e desvelos. Gracias a tod@s polo voso apoio e cariño", declaraba a pasada noite nas redes sociais a popular.
Bota balóns fóra asegurando que se trata dun "asunto administrativo no que a miña intervención foi meramente circunstancial pola enfermidade do alcalde".
Novas relacionadas
- Maio 15: A Fiscalía propón fianzas de 10.000€ para Marisol Piñeiro e Jose Oreiro.
- Eleccións #24M: Unhas eleccións carnotás marcadas polos xulgados.
- 06-05-14: O Concello carnotán asegura que a única sentenza firme contra os despedimentos é a que implica ao PP por prevaricación.
- 05-05-14: Marisol Piñeiro ante o TSXG por unha suposta contratación a dedo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).