A Mostra Víndemo Ver abre o prazo de presentación de solicitudes para os 40 postos de venda directa

13:26 05/02/25
O Concello de Carnota, está preparando a XII Mostra de Promoción Local Mercado da Deputación - Víndemo Ver, co obxectivo de apoiar a
comercialización do produto local e de proximidade. Abre así unha convocatoria dun máximo de 40 postos de venda directa que se instalarán na carpa da Praza de San Gregorio.
A Mostra celebrarase dende o 17 ao 20 de abril de 2025, como sempre cunha das citas singulares da Semana Santa. Dará comezo o xoves 17 de abril ás 17:00 h. O horario de atención nos postos será o seguinte:
• O xoves 17 de abril de 17:00 h a 20:30 h.
• O venres 18 e sábado 19 de abril de 11:00 h a 14:30 h e de 17:00 h a 20:30 h.
• O domingo 20 de abril de 11:00 h a 14:30 h.
Podedes acceder á información nesta ligazón.