Muros volve manifestarse contra as gaiolas de salmón


Non recúa a loita do sector mariñeiro e medioambiental de Muros na súa contra a instalación das gaiolas de salmón. Este vindeiro domingo 5 de xuño, aproveitando o Día Mundial do Medio Ambiente, a Coordenadora en Defensa da Ría de Muros e Noia contra o cultivo intensivo de salmón nas súas augas", convoca unha manifestación baixo o lema "Coas nosas rías non se xoga".
O percurso reivindicativo partirá ás 12:00h dende do porto de Muros e rematará tras a lectura do manifesto cunha xornada de convivio e lecer.
Participarán os máis de 40 colectivos que compoñen a Plataforma, entre confrarías, organización de produtores/as, ecoloxistas, sindicatos, etc... Precisamente, dende a Cooperativa Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa de Quilmas quixeron deixar claro o seu apoio á manifestación.
Dende Muros fan un chamado a todas as organizacións sociais sensibilizadas coa problemática do mar e do litoral para acudir a Muros este vindeiro domingo e "reivindicar conxuntamente un futuro sustentable para as nosas rías".
Novas relacionadas
- A Xunta rexeita a proposición do BNG de anular as gaiolas de salmón en Muros.
- Muros e a Barbanza rexeitan as xaulas de salmón.
- Aproveitan a noite para instalar as xaulas de salmón na ría de Muros.
- Muros mobilízase por terra e por mar contra as gaiolas de salmóns que crean división en Carnota.
Máis información
Fonte
- Nota de prensa da Plataforma en Defensa da Ría de Muros e Noia.