Novo susto en forma de lume no Ézaro


Esperemos que agora si, que sexa o derradeiro lume do verán. Pero menudo susto que levou a xente do Ézaro, hoxe que remataron os traballos de "air-mulching". Era o mediodía deste mércores 9 de outubro, e o fume que se salía os altos do Ézaro, por riba do mirador, alertaba aos veciños.
Sorte que o terreo aínda estaba húmido e a pesar do vento o lume non puido espallars tan rápido como hai 3 semanas. Ademais, os medios aéreos estaba dispoñibles e chegaron a tempo para atallo de contado. 3 helicópteros, todas as cuadrillas do Distrito de Vimianzo e varias motobombas traballaron durante unhas 3 horas para sofocalo lume, e posteirormente continuaron mollando o terreo.

O Monte Pindo, ao Parlamento
Mentres, a catástrofe do Monte Pindo, vai ser debatida no Parlamento Galego este xoves 10 de outubro (estímase que a partir das 13:00 horas), mediante unha iniciativa parlamentar que procurará a dotación de recursos e iniciativas para paliar os seus efectos e restaurar o espazo natural arrasado.
A iniciativa orixinal a debate (presentada polo BNG, aínda que normalmente antes do debate consensúase un texto entre todos os grupos) pode consultarse aquí, e o debate poderase seguir mañá en directo desde a páxina web do Parlamento Galego (a iso das 13:00 horas).
Novas sobre incendios
- Apadriña unha árbore no Monte Pindo.
- 09-10-13: Pallas ao monte.
- 07-10-13: Os berros do Monte Pindo contra os lumes chegan a Compostela.
- 29-09-13: Medio millar de bravos berran en verde por un Monte Pindo Parque Natural.
- Hermanager Humor: O lume de ouro.
- Leö Kch berra en silencio polo Monte Pindo.
- Unha mirada ao futuro do Monte Pindo. E agora que?.
- Novo berro de auxilio dende Quilmas.
- A AMEGA, en contra da devastación dos nosos montes.
- 18-09-13: Saltan as muxicas da crispación arredor do Monte Pindo.
- 16-09-13: A Comunidade de Montes de Caldebarcos e a Cooperativa de Quilmas alzan a voz dende a terra queimada.
- 15-09-13: Existe unha verdadeira investigación policial sobre o incendio?.
- 14-09-13: Acabou o inferno. Toca traballar na recuperación, reflexionar e investigar.
- 14-09-13: O lume máis devastador chega ao Ézaro mentres o pobo se fractura.
- 13-09-13: Continúan as lapas ameazando o Pindo e ao Ézaro cando chegan as primeiras reflexións.
- 12-09-13: Un incendio arrasa o Monte Pindo e obriga a desaloxar varias aldeas de Carnota.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).