O Asaghieiras Master Festival encherá Lariño de músicas
A vindeira fin de semana do 21 de setembro servirá para pechar a axenda festivaleira de verán na Costa da Morte. Polo norte teremos o O folk-rock chega tamén ao Xiria Pop 2013 e polo sur disfrutaremos cun pouco máis de caña no Asaghieiras Master Festival de Lariño, o único festival trash da Costa da Morte.
Aí queda o fermoso cartel artellado por Mon Louro.
A cita será o sábado 21 de setembro, cun día completo de música. Abrirá con sesión vermú cos Tabernícolas do Leiradal, e un xantar con churrasco e arroz con vexetais. Pola tarde haberá un pouco de todo, algo de "Cabaré de Circo" co NovoCirco de Santiago, ademais dunha xeitosa feira de artesanía. E tamén haberá un concerto de tarde cos rapaces de Re-acción, antes da mexilloada para cear.
Pero o plato forte queda a partir das 22:00h, cuns concertos cheos de caña, que este ano mestura algo máis que o trash dos últimos tempos. Ska, reggae, rock, punk alternarán coas propostas máis "hard". Estas son as bandas:
- Maskarpone (ska, reggae, rocksteady dende Ourense).
- Collón de Lola (versións do Xabarín Club).
- The Fe Kaos (Punk dende Ribeira).
- Desterrados (Hard Rock).
- Zero (versións de Rock Estatal - os rapaces de Louro).
- O folk-rock chega tamén ao Xiria Pop 2013.
- A música fundiuse ca natureza en Valarés e Fisterra.
- 30 anos de folk e festa na Carballeira de Zas.
- Razo vivíu unha fin de semana de surf e pop.
- O Asalto cumplíu a maioría de idade e segue medrando.
- Verbena galega, outro xeito de facer festa con música do país.
- A música ghalegha daghora está “On the road”.
- Redacción de QPC ([email protected]).
Ademais, contan co incansable picadiscos DJ Berro para o fin da festa. E por non perder os vellos costumes, o "palco de espontáneos" estará preparado para recibir a calquera que queira deleitar co seu talento e entrada a noitiña, e, como non, correrán ríos de caña na habitual queimada.
Pois aí vos deixamo coas versións do Xabarín de Collón de Lola: