xoves. 01.05.2025
El tiempo

O Festival de Inverno de Carnota, moito máis que música

O Festival de Inverno de Carnota, moito máis que música
festival-de-inverno-lume-en-carnota Reforzados pola experiencia do festival celebrado o pasado inverno no porto de Lira, a A. C. Gremio de Músicos de Carnota levan meses preparando a II edición do Festival de Inverno Lume en Carnota, que terá lugar o 17 de decembro en Lamas de Castelo. É unha das citas desta fin de semana, e se ben xa repasamos o cartel musiqueiro, este ano a festa máis máis alá dos propios concertos, cunha oferta cultural máis completa e interesante. Comezará a tarde arredor das 16:00h coa actuación de dous contacontos, un deles enfocado cara os cativos, que abordará a figura do apalpador, personaxe tradicional galego propio do Nadal. O outro orador tratará temas máis serios, como o dos fuxidos en tempos da guerra, e lerá tamén poesía da súa autoría. Ao finalizar dita actuación, sobre as 17:30h comezará un concurso de karaoke, rexido por un xurado de tres persoas, no que os participantes competirán por localidades. Haberá un agasallo sorpresa para o gañador. Tras as cantareas, arredor das 19:30h nada mellor ca unha churrascada de balde mentres de fondo se pode escoitar música autóctona. Durante este espazo de descanso os grupos comezarán a quentar os motores para o festival de metal da noite, co que rematará o evento a altas horas da madrugada.

Os concertos

A actividade principal do evento é o festival de metal. A oferta sonora da noite está nutrida por 7 formacións musicais do país. Varias delas son da propia Costa da Morte (Coso Carnobrigo, Urd, Evil Bastard, Amenaza de Muerte) mentres que outras proveñen doutros puntos da xeografía galega: Cangas (Democide), Lugo (Barbarian Prophecies) ou de varios á vez (Bloodhunter). O estilo musical predominante é o death metal melódico, aínda que non faltarán doses de trash e metalcore. A orde de actuación dos grupos será a seguinte: Evil Bastard, Urd, Coso Carnobrigo, Democide, Amenaza de Muerte, Barbarian Prophecies e finalmente Bloodhunter. A entrada ao recinto custará unicamente 5 euros, con consumición incluída se se adquire por anticipado en calquera dos puntos de venta: Pedra Pas (Lira), O Sibarita Grow Shop (Cee), Sala Nasmo (Muros) e Dr. Mortiis Tattoo Clinic (Santiago de Compostela). Os menores de 13 anos non pagan entrada. Cabe destacar tamén a actuación dunha trintena de comerciantes da vila carnotá que apoiaron a realización deste evento cultural.

Novas relacionadas

Máis novas musiqueiras

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios